Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades

Fallo do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

Microrrelatos. 1º Premio

Microrrelatos. 1º Premio

Tal como estaba previsto nas bases, o día 16 de maio ás 13.00 horas, na sala de descanso desta Biblioteca, tivo lugar o acto que deu a coñecer o fallo do Xurado do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega. Por colectivos, houbo oito textos do alumnado, sete de PAS e catro pertencentes ao PDI. Houbo que rexeitar a oito participantes, pois non se acollían ao establecido nas bases da convocatoria. Moitas grazas por participar!

Alberto Gómez Aneiros, traballador da Biblioteca da USC, é o gañador da primeira edición do concurso da USC de microrrelatos en galego coa obra Unha muller de principios que, segundo o xurado, destaca polo dominio da linguaxe que demostra o seu autor e pola refinada e intelixente ironía que deixa ver.

O segundo premio recaeu tamén noutro traballador desta casa, Paco Castro, pola obra No arrabalde. Neste caso, o xurado salienta o ambiente creado na peza literaria e o achegamento á personaxe, “valorados aínda máis nun texto de menos de duascentas palabras”.

Microrrelatos. 2 Premio

Microrrelatos. 2º Premio

Na entrega dos premios –un lote de libros de narrativa de Edicións Xerais–  nun acto ao que asistiu o xurado e o gañador do segundo premio (Alberto G. Aneiros escusou a súa presenza).

A convocatoria, aberta a toda a comunidade universitaria, é unha das iniciativas que a Concepción Arenal organiza, nesta ocasión en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, con motivo do seu décimo aniversario e que desenvolveu en conmemoración do Día das Letras Galegas.

Paco Castro, no centro, xunto co xurado, a Coordinadora de N. L.da Fac. de Dereito e o director da BCA.
Foto Alfonso-SERVIMAV

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas