Acceso aberto, Acceso libre, Propiedade intelectual, Recursos web

A CE esixirá o acceso gratuíto a publicacións científicas

Openn accessRecentemente difundiuse polas redes sociais a intervención da Vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da axenda dixital, Neelie Kroes no lanzamento da iniciativa internacional Alianza de Datos de Investigación en Estocolmo, na que avanzaba que a UE “esixirá que todas as publicacións científicas que reciban fondos europeos sexan accesibles libremente”. Esta iniciativa está amparada nas medidas do 7º Programa Marco e no programa  de investigación e innovación Horizon 2020. Neste sentido hai que recordar que a Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no seu art. 37 obriga ao depósito dos artigos que reflictan investigacións financiadas maioritariamente con cargo aos Presupostos do Estado.

A raíz dela suscitáronse algunhas intervencións de PDI da nosa Universidade sobre a relevancia de publicar en aberto xa que entre outras cousas, esas publicacións non tiñan ISBN.

O acceso aberto pode facerse a través do autoarquivo feito polos propios autores en repositorios (o millor sitio open access de Ciencias Sociais é o Social Science Research Netwok SSRN, onde se permite aos autores cargar no repositorio documentos sen coste algún). No blog Infobiblio adícanlle un clarificador artigo ao SSRN.

Ou tamén publicando en acceso aberto, que terán o seu correpondente ISBD no caso dos libros (ver A ‘información líquida’ no ‘común’ das Humanidades e as Ciencias Sociais: Open Humanities Press e aOpen), ou ISSN no caso das revistas, permitindo o acceso gratuito. Que non pague o usuario final non quere dicir que estas non teñan un custe, e que sexa en aberto non quere dicir que os autores non conserven os seus dereitos de propiedade intelectual regulados estes, normalmente, a través de licencias creative commons.

A avaliación, o índice de impacto, e as citas recibidas por unha publicación non ten que ver necesariamente con que estea en aberto ou non: PLoS Biology ten o num. 1 no Journnal Citation Reports  e, se comparamos as 50 revistas de Ciencias Sociais que aparecen no listado de Google Metrics con maior índice h coas de maior clasificación no CIRC: Clasificación Integrada de Revistas Científicas, observamos que, das que aparecen nos dous listados, o 50% teñen acceso libre a texto completo.

Un interesante libro de Ernest Abadal: Acceso abierto a la ciencia. Barcelona: UOC, 2012, racha con estes falsos mitos da publicación en acceso aberto:

  1. O acceso aberto quere eliminar a revisión por expertos (peer review).
  2. As revistas en acceso aberto nin teñen calidade nin son sostibles economicamente.
  3. Os repositorios conteñen materiais de pouca calidade e non teñen visibilidade.
  4. O acceso aberto é unha maneira de saltarse os dereitos de autor.
  5. Os científicos non están interesados nin motivados polo acceso aberto.
  6. Non existe interés para promover o acceso aberto.
  7. O acceso aberto ten unha presencia residual na comunicación científica.

Pode consultarse, a texto completo, a versión de autor desta publicación a través do repositorio temático “e-LiS: e-prints in Library and Information Science“.

Igualmente recomendable é a lectura de Open Access o Acceso Abierto. Qué es y para qué vale, publicado en Infobiblioun bo resumo do que é, e do que supón o Acceso Aberto.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas