Dereito procesual, Novidades bibiográficas, Profesorado

Violencia de género y Justicia

Violencia de géneroViolencia de género y Justicia (CA/E89.1-133) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra colectiva dirixida pola profesora de Dereito Procesual da USC Raquel Castillejo Manzanares, publicada polo Servizo de Publicacións da nosa universidade. Tédela no terceiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada ao Dereito procesual.

Só en Galicia hai na actualidade 3.000 ordes activas para protexer a mulleres vítimas da violencia de xénero; un dato estremecedor que sumado ao das mortes anuais por esta causa fan desta problemática a maior inxustiza á que se enfronta hoxe a sociedade. Para buscar solucións, a profesora da USC Raquel Castillejo conseguiu que os estudos e experiencias de profesionais da Península Ibérica e Estrasburgo de áreas tan diversas como a medicina, a psicoloxía, a maxistratura, a fiscalía ou os ámbitos penal e procesual confluísen no volume Violencia de género y Justicia, no que se abordan temas de estrita actualidade como as construcións sociais vencelladas á violencia de xénero ou a problemática relación coas medidas cautelares. Pero non só se analizan en detalle todas as cuestións senón que se achegan propostas e se formulan alternativas a procedementos que precisan dunha mellora e se fai especial fincapé na prevención.

A publicación xorde no marco dos proxectos de investigación ‘A violencia contra as mulleres: a mediación, unha solución’ e ‘Muller, home e violencia de xénero: tratamento actual e posibles solucións’, ambos os dous dirixidos pola catedrática de Dereito Procesual da USC Raquel Castillejo Manzanares, que xunto co seu equipo leva traballando dende 2006 contra “a lacra deste país”. A directora do volume cualificou de “magnífica” a lei de 2004 –“mellor que calquera do noso redor”– pero admite unha serie de eivas na normativa “que indican que a lei debe repensarse”. Como exemplos destas deficiencias, a falla de recursos das administracións públicas, de que se pon maior énfase na persecución do feito delictivo que na atención as vítimas ou que se trata ao agresor como calquera delincuente. Ademais, propuxo a mediación como fórmula válida para atallar este tipo de conflitos “aínda que a lei o prohibe”.

35 capítulos

O libro comeza cunha aproximación ao tratamento estatístico da violencia de xénero en España e continúa con traballos sobre poder e masculinidade, o propio concepto penal e as construcións sociais vencelladas á violencia de xénero. Inclúense tamén artigos que diferencian entre violencia doméstica e de xénero ou que analizan a problemática entre as mulleres inmigrantes e abórdase a problemática en España comparándoa con outros países como Italia, Alemaña, Austria, Portugal ou Francia .

Desde a óptica da psicoloxía faise unha abordaxe terapéutica da violencia na parella mentres que dende a médica se analizan os tipos de agresores e a probabilidade de reincidencia. A renda activa de inserción como cauce para a integración laboral da muller vítima de xénero, a mediación, as medidas de protección das vítimas, os problemas de competencia nos xulgados de violencia de xénero sobre a muller e os procesos de desvitimización son outros asuntos tratados de maneira pormenorizada no libro. O volume estuda ademais determinadas casuísticas como o quebrantamento da prohibición de aproximación ou a reconciliación entre agresor e vítima durante a vixencia da prohibición de achegamento.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas