Ciencia política, Historia do dereito, Noticias e novidades

A Unesco ratifica os ‘Decreta’ de León de 1188 como a orixe do parlamentarismo europeo

Alfons9

Afonso IX de León e Galicia, representado no Tumbo A da catedral de Santiago de Compostela.

O corpus documental dos “Decreta” (ou Decretos) de León de 1188 contén a referencia ao sistema parlamentario europeo más antiga que se coñeza ata o presente. Estes documentos, cuxa orixe se remonta á España medieval, foron redactados no marco da celebración dunha Curia rexia, no reinado de Alfonso IX de León (1188-1230), e reflicten un modelo de goberno e de administración orixinal no marco das institucións medievais peninsulares, nas que a plebe participa por primeira vez, tomando decisións do máis alto nivel, xunto co rei, a igrexa e a nobreza, a través de representantes elixidos de pobos e cidades.

A candidatura dos “Decreta” de León de 1188 convenceu á Unesco e foi declarada ‘Memoria da Humanidade’ no encontro celebrado en Corea para elixir os novos integrantes do ‘World Memory’, un codiciado catálogo do que xa forman parte o Tratado de Tordesillas ou as Capitulacións de Santa Fe. Así, os ‘Decreta’ pasan a ser unha peza singular de preservación ao recoñecerse coma un elemento xustificativo dun feito relevante para a Humanidade”.

A historia

O acontecemento histórico tivo lugar a comezos do reinado de Alfonso IX, no ano 1188, no claustro da Basílica de San Isidoro, tal como se mantén na afirmación do monarca nunha comunicación ao Arzebispo de Compostela. Antes das Cortes de León de 1188, segundo sinala Fernando de Arvizu nun traballo sobre este tema, “no había Cortes, ni en los reinos españoles ni en ninguna otra parte de la Europa cristiana, que –en el siglo XII– es tanto como decir Europa civilizada”.

O mesmo autor sinala que unha serie de acontecementos políticos que rematan na primavera de 1188, xunto a unha tradición xurídico-pública converxente, brindaron o momento oportuno para que a participación cidadá se unise á Curia plena, dando lugar ao nacemento das Cortes estamentais, que cristalizan na Baixa Idade Media e perduran durante toda a Idade Moderna.

O acontecer histórico permitiu que en León, nas ‘primeiras Cortes Leonesas’ a representación cidadá se unise á Curia antes que en ningún outro reino. Que se fixo nas Cortes Leonesas? Ademáis de ampliar os Fueros de Afonso V de León de 1020, lexislouse, polo menos esa é a única actividade que se coñece. Promulgáronse uns Decretos e unha Constitución, coñecida polo documento orixinal, que reflicte a decisión tomada nunha Curia para corrixir abusos e arbitrariedades do poder dos nobres, do clero e do propio Rey, coma os despoxos, as reclamacións baseadas na enemistade, a incautación de bens e de persoas, a exixencia indebida de prestacións señoriais e, en xeral, a opresión cara ao máis débil.

Este importante conxunto de decretos foi cualificado co nome de “Carta Magna Leonesa”. Foi o inicio dun novo marco político polo que se rexirían nos distintos reinos peninsulares, Catalunya en 1218; Castela en 1250; Aragón en 1274; Valencia en 1283; Navarra en 1300, e noutros países de Europa: Alemaña aplicou o exemplo leonés en 1232; Inglaterra en 1265; Francia en 1302.

A Curia rexia conserva as súas funcións consultivas, que só ampliará máis adiante, e nelas o elemento popular está claramente diferenciado. A incorporación de elementos populares responde só a necesidades económicas. Freada a Reconquista, a coroa precisa de maiores ingresos, e a fin de obtelos crea novos impostos, o que produce un alza de prezos, polo que a clase cidadá quere obter algunha contrapartida e regular ó gasto rexio. Abriuse así o camiño para que o Terceiro Estado participase nas decisións de goberno.

Bibliografía

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas