Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

Fotografías de bibliotecas de dereito

SP_Santiago_Biblioteca_Universitaria_Concepcion_Arenal-Santiago_de_Compostela-Spain

Biblioteca Concepción Arenal. USC

O pasado 8 de maio tivo lugar a inauguración e apertura do Max Planck Institute Luxembourg for International, European and Regulatory Procedural Law en presenza do Gran Duque Enrique, o Primeiro Ministro de Luxemburgo, Jean-Claude Juncker, o Ministro de Educación Superior e Investigación de Luxemburgo, o embaixador de Alemaña, o Secretario de Estado do Ministerio Federal de Educación e Investigación de Alemaña, e o Presidente da Sociedade Max Planck. Ao evento asistiron máis de 150 personalidades procedentes da Corte Europea de Xustiza, da Universidade de Luxemburgo e do mundo académico de diferentes países.

Biblioteca Francisco de Vitoria. USAL

Biblioteca Francisco de Vitoria. USAL

Entre as actividades programadas para este evento especial, a Max Planck Institute Luxembourg Library organizou unha exposición fotográfica con imaxes de diferentes bibliotecas de Dereito de todo o mundo. Na exposición amósanse fotografías de bibliotecas xurídicas de AlemañaAustralia, Austria, Canada, Chile, China, Francia, Italia, Xapón, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Unión Europea USA.

En España, ademáis da Biblioteca Concepción Arenal, figuran as bibliotecas do Senado, a da Facultad de Derecho da UAM, a da Complutense, a Francisco de Vitoria salmantina, ou a da Facultad de Derecho da Universidad de Murcia

SP_Madrid_UAM1

Biblioteca da Facultade de Dereito da UAM

A maioría dos centros bibliotecarios acompañaron as fotos cun saúda ou un desexo. Foi unha honra para a nosa Biblioteca acompañar a bibliotecas de gran prestixio e sentirse acollido na familia de bibliotecas de Dereito.

Agradecemos a deferencia e queremos dar as grazas á Max Planck Institute Luxembourg Library por contar connosco para participar nesta iniciativa!

Precisamente, este ano a Sociedade Max Planck para o Avance da Ciencia (Max-Planck-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften) foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2013, segundo se fixo público o pasado 12 de xuño en Oviedo. A Sociedade Max Planck é unha rede de institutos de investigación científica fundada en Göttingen (Alemaña) en 1948, como continuadora da Sociedade Káiser Guillermo para o Avance da Ciencia, que iniciara o seu labor en 1911. Nomeada en lembranza do científico alemán que iniciou a mecánica cuántica, ten a súa sede central actual en Múnich. Conta cun total de 80 institutos, cinco deles no estranxeiro: Bibliotheca Hertziana (Roma), The Art History Institute (Florencia), The Max Planck Institute for Psycholinguistics (Nijmegen, Países Bajos), Max Planck Florida Institute (EE.UU.) e o recentemente inaugurado Max Planck Institute Luxembourg for International, European and Regulatory Procedural Law (Luxemburgo).

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas