Ciencia política, Dereitos civís, Personaxes

O soño de Martin Luther King Jr.

Martin Luther KingO 28 de Agosto de 1963, Martin Luther King Jr. deixou un legado para toda a Humanidade no seu famoso discurso diante do monumento a Lincoln, “Teño un soño”. 50 anos despois segue a emocionar aínda que o seu soño non sexa, de momento, unha realidade plena, nen nos EE.UU. nen no mundo.

Hoxe cúmprense pois, 50 anos do seu célebre discurso ‘I have a dream‘, tras finalizar a Marcha en Washington polo Traballo e a Liberdade, unha marcha polos dereitos civís dos negros en EE.UU.

Hai tan só 50 anos, nos Estados Unidos, a segregación racial practicábase en universidades e escolas, nas estacións de autobuses e trens aínda había salas separadas para as dúas razas, tamén estaban segregados os lavabos públicos… A maioría branca mantiña aos negros como cidadáns de segunda, violentando os dereitos humanos e a doutrina da liberdade sobre a que se construiron os EE.UU.; eran frecuentes as desaparicións de activistas polos dereitos civís mentres facían campaña por Estados sureños como Alabama ou Misisipi.

É importante lembrar esta realidade para comprender o que supuxo a Marcha sobre Washington que o 28 de agosto de 1963 mobilizou a unhas 200.000 ou 300.000 persoas. A minoría negra levaba tempo organizándose e saíndo á rúa dividida entre os que predicaban a vía pacífica de Gan­dhi, para os que os agravios sufridos polos negros podían resolverse, sen violencia, dentro do sistema, e un sector extremista que propugnaba utilizar a forza; estes últimos, capitaneados por Malcolm X, arengaban aos xoves negros coa incendiaria consigna: Burn, baby, burn.

Ocupaba a Casa Branca o presidente Kennedy, que comprendeu a necesidade de afrontar a polarización racial, que consideraba unha cuestión moral sen resolver. JFK solicitara ao Congreso que promulgara unha lei de dereitos civís comprometéndose a que “a raza non teña sitio na vida ou na lei do país”. Optimista, cría que un gran cambio podía acadarse e era hora de facer esa revolución pacificamente. Non chegaría a vela pois tres meses despois morría asasinado en Dallas. Foi o seu sucesor, Johnson, quen sacou adiante a Lei de Dereitos Civís e a lei que garantía o voto igual para os negros.

Non se cumprieron os temores de violencia na Marcha do 28 de agosto. Os manifestantes sorprenderon pola súa disciplina e 5.900 policías asistiron, tensos, a unha manifestación pacífica; os 4.000 soldados e marines listos por se acaso non foron chamados. Os congregados portaban pancartas nas que esixían Dereitos civís efectivos, xa!  Uns novísimos Bob Dylan e Joan Baez cantaron a coro When the ship comes in, pero o himno sonoro da Marcha foi o We shall overcome (Venceremos).

Quen fixo historia ese día foi o líder dos dereitos civís para a súa raza, Martin Luther King Jr., un extraordinario predicador que pronunciou o discurso I have a dream (Eu teño un soño). Esas catro palabras quedaron gravadas como unha mensaxe de esperanza e igualdade. Ante decenas de miles de persoas, King comezou a ler o seu “meditado e enérxico” traballo, e comprendeu “que necesitaba algo máis para unha ocasión tan extraordinaria”, enfatizando estas catro palabras ao longo do seu discurso. Segundo Carson, profesor de historia na Universidade de Stanford, que editou unha autobiografía de King, foron “anos de desenvolvemento intelectual” os que permitiron que o activista “tivera este repentino e oportuno brote de inspiración”.

Pronunciado baixo un silencio case sepulcral nas escalinatas do Memorial Lincoln, King chamou a comparecer á conciencia de Estados Unidos. “Teño un soño de que un día esta nación se levantará para converter en realidade o verdadeiro significado do seu credo: ‘Mantemos que estas verdades son evidentes por sí mesmas, que todos os homes son creados iguais’. Soño que un día nas encarnados outeiros de Georgia os fillos dos antigos escravos e os fillos dos antigos amos serán quen de sentarense xuntos na mesa da irmandade. Soño que os meus catro fillos pequenos vivirán un día nunha nación onde non serán xulgados pola cor da súa pel”.

A América branca recibiu as palabras de King como unha ofensa, pero o movemento dos dereitos civís recibiiu un empurrón que resultaría imparable.

Para saber máis:

The Martin Luther King, Jr. Research and Education Institute

Consulta centos de documentos relacionados con Martin Luther King a través de Europeana. : http://bit.ly/Europeana-Martin-Luther-King

Non perdas de ler estes dous artigos sobre Martin Luther King no Correo de la UNESCOhttp://bit.ly/1do2L6n | http://bit.ly/17kF2jo

Transcrición do discurso: http://bbc.in/17kF76w

Vídeo do discurso: https://www.youtube.com/watch?v=0h1tZCCdWOM#t=28

Fonte:

http://elpais.com/elpais/2013/08/19/eps/1376920201_834323.html?rel=rosEP

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas