Biblioteca Concepción Arenal, Varios

Un ano do blogue Fonte Limpa da Biblioteca Concepción Arenal

Estreouse o blogue Fonte Limpa en xuño de 2012, e desde entón levamos publicadas, con ésta, 100 novas que foron consultadas en conxunto máis de 5.500 veces.

A noticia máis vista foi O proceso de activación dos tornos de acceso na Biblioteca Concepción Arenal, na súa etapa final publicada o 11 de maio de 2013. O día máis visitado coincidiu coa publicación desta nova, así como a semana máis visitada, e o mesmo aconteceu para o mes de maio no que se publicou esta nova, que sobrepasou a calquera dos meses anteriores do histórico do blogue. Este mes tivemos 2.174 visitas (unha media de 70 diarias). Ademais, esta noticia tivo un grande impacto viral.

As páxinas de información sobre a propia biblioteca (horarios, acceso, ou novidades bibliográficas) son moito máis visitadas que as que se refiren a outro tipo de información (bases de datos, acceso aberto, novas).

Loxicamente, a maioría de visitas son desde España, pero hai un importante número de consultas do mundo anglosaxón, tanto de USA coma de Gran Bretaña. A pesar de ser unha biblioteca moi visitada por investigadores portugueses, o blogue apenas tivo 17 visitas desde o veciño país neste ano de vida.

Con respecto ás redes sociais, a páxina de Facebook non crece da mesma maneira, queremos lembrar que se trata dunha páxina, e non dun perfil persoal, polo que os seguidores teñen que subscribirse á páxina para poder ler as novas. Neste momento contamos con máis de 1.950 seguidores, pero sí é un importante punto de acceso ao blogue, pois desde el entraron 1.514 visitas. Outra importante fonte acceso ao blogue é desde o menú blogs, redes, RSS,… da páxina da Biblioteca Universitaria

Se aínda non nos sigues, convidámosvos a que o fagas:

Tamén queremos contar coa túa aportación, se cres que podes colaborar publicando noticias ou queres enviar algunha puntual, ponte en contacto connosco no mail: derprest@usc.es

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas