Biblioteca Concepción Arenal

Introdución á biblioteca e os seus servizos

270095_469398773113009_1758235003_n

 

Co curso académico que comeza, aos alumnos de novo ingreso nas Facultades de CC. Políticas, Relacións Laborais e Dereito, impartímoslles sesións formativas para que amplíen o seu coñecemento da Biblioteca Concepción Arenal e os seus Servizos, e das posibilidades que esta lles ofrece, e iniciaráselles no uso do Catálogo da BUSC. A formación impartirase nun curso básico durante as primeiras semanas de setembro, no ámbito do Plan de Formación da Biblioteca.

Curso Básico

Sesión dirixida principalmente a novos usuarios da Biblioteca. Nela dáse unha visión xeral que permite ao alumnado recén chegado orientarse e coñecer as ferramentas básicas que ten á súa disposición para unha utilización óptima dos recursos da Biblioteca Concepción Arenal: salas de lectura, coleccións, consulta dos fondos, préstamos, normas de uso, solicitude de adquisicións, manipulación de fondos, horarios…

Normalmente, estas sesións realízanse nas facultades ás que damos apoio: Dereito, CC. Políticas e Relacións Laborais, cunha duración aproximada de 60 minutos, que se completan cunha visita guiada polas instalacións da Biblioteca.

Así mesmo, oriéntase sobre as posibilidades de busca que ofrece o novo catálogo automatizado.

En definitiva, é un curso destinado a familiarizar ao alumnado de novo ingreso coa Biblioteca e amosarlle as múltiples posibilidades e servizos que esta lles ofrece.

Este programa non pretende ser exhaustivo, senon servir de guía aos usuarios que utilizan a Biblioteca por primeira vez, atendendo a aspectos de carácter práctico que lles axuden a desenvolverse nas súas primeiras consultas:

  • Que podo atopar na Biblioteca?
  • Como iniciar a consulta?
  • Onde solicitar os fondos que me interesan?
  • Como pedilos?
  • Que máis me ofrece a Biblioteca?

Documentos

Preguntas frecuentes (Folleto que amosa a información básica dos servizos que se ofrecen na biblioteca, así como as preguntas máis frecuentes)

A Biblioteca ofrece tamén a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos, tanto sobre estes mesmos temas como sobre outros que podan ser suxeridos polos nosos usuarios. Para elo, é preciso porse en contacto coa Oficina de Servizos (Información, Préstamo interbibliotecario, Formación de Usuarios):

Tel. 8818 15214

Xosé Anxo Doval Rey (mañá)

Mª Lourdes Pérez González (tarde)

IMG3

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s