Biblioteca Concepción Arenal, Varios

Alta de usuarios na Rede de Aulas de Informática da USC

Un servizo imprescindible que o alumnado de novo ingreso debe coñecer é o uso da rede de aulas de informática da USC, entre as que se atopa a Aula Universia ubicada na nosa biblioteca.

Para poder acceder aos ordenadores da Aula Universia, a calquera aula de informática da USC, ao Campus Virtual da USC, ou aos portátiles que prestamos na Biblioteca Concepción Arenal (na que hai que darse de alta como usuario) e utilizar a rede wifi da USC, é imprescindible que cada estudante teña o seu nome de usuario e contrasinal, que se vos facilitou ao matricularvos.

Sen esta identificación non será posible utilizar os ordenadores en préstamo ou a Aula Universia.

Para aqueles que teñades esta identificación, deberedes seguir os procesos de activación na páxina da rede: configuración básicaOLYMPUS DIGITAL CAMERA redes wifiusc e eduroam . Se tedes algún problema, ide á aula de informática de acceso libre da vosa facultade ou á Aula Universia, onde vos axudarán a resolvelo.

Para os que non teñades identificación ou non vos lembredes dela, debedes entrar na páxina web da área TIC e escoller o que vos corresponda: xeración de credenciais ou envío por SMS da chave de paso:
http://www.usc.es/atic/identidade/novos.html

Lembrar que hai préstamo de portátiles na maioría dos centros da BUSC. Préstanse para uso en sala (non poden sacarse das instalacións da Biblioteca). É un servizo exclusivamente para o alumnado da USC.

Tamén se pode utilizar o portátil persoal na biblioteca, pois en todos os centros existen postos de lectura con conexión á rede eléctrica e con acceso á wifi da USC para alumnado, PDI e PAS. Os usuarios procedentes doutras institucións poderán conectarse á rede sen fíos da USC a través do programa Eduroam. Para acceder á rede haberá que autenticarse no Portal de Activación de Servizos.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas