Noticias e novidades, Socioloxía, Varios

Nova publicación sobre avaliación da producción científica

LIBRO MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN

Para saber máis sobre a avaliación das publicacións científicas e os indicadores que utilizan as distintas axencias de avaliación (CNAi, ANECA,…), publicouse antes do verán este libro que contén un atinado artigo sobre este tema: Emilio Delgado López-Cozar, Daniel Torres Salinas. La evaluación de las publicaciones científicas.  Métodos de investigación social y de la empresa / coord. por Francisco José Sarabia Sánchez , 2013, ISBN 978-84-368-2853-5 , págs. 219-246.
No artigo, tras reflexionar sobre o papel que xoga a publicación na ciencia, analízanse as canles de comunicación formais e informais que empregaron os científicos para comunicarse entre si dende que xorde a ciencia moderna. A continuación preséntanse cáles son os principais criterios para avaliar as publicacións científicas. As análises da calidade editorial miden a calidade informativa das publicacións (grao de normalización), a calidade da xestión e organización editorial (cumprimento dos prazos de publicación, emprego dun rigoroso sistema de selección e avaliación de orixinais). As enquisas de opinión dirixidas ás propias comunidades científicas rexistran a calidade percibida (reputación, prestixio, recoñecemento). Os recontos de citas miden a repercusión científica e académica das publicacións, a súa influencia intelectual. Posteriormente saliéntanse sumariamente os indicadores que empregan actualmente as institucións oficiais responsables da avaliación do rendemento científico en España (CNEAI, ANECA) para avaliar as publicacións científicas (libros e artigos de revistas). Conclúese, cunha descrición das ferramentas e os procedementos coas que contamos para medir a calidade das publicacións tanto para artigos de revistas coma de libros.
Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

One thought on “Nova publicación sobre avaliación da producción científica

  1. Reblogged this on Fonseca.

    Posted by Fonseca | 20 Setembro 2013, 14:04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s