Dereito procesual, Noticias Xurídicas, Recursos web, Varios

eXustiza.es, novo portal da Administración de Xustiza

eXustiza1 A Xunta ven de presentar un novo portal de seu, exustiza.es, destinado a pór máis preto da sociedade galega a Administración de Xustiza. Ou sexa, a aplicar no eido da Xustiza galega unha das principais máximas do que se vén coñecendo como Administración Electrónica: a de facer que as institucións sexan quen de botarse fóra dos seus límites espaciais. A primeira fase do portal en cuestión abrangue datos e servizos que, segundo apunta a Xunta, serán de utilidade para toda aquela persoa que teña que acudir perante os tribunais. “O cidadán que acceda a eXustiza poderá coñecer de xeito sinxelo cales son os seus dereitos e deberes, quen e como pode acollerse a asistencia xurídica gratuíta ou como funciona o servizo de atención á vítima e á cidadanía”.

Asemade, aqueles que teñan que participar nun procedemento xudicial atoparán “unha explicación detallada de como funciona o xurado (requisitos, participación, retribucións e indemnizacións) e cales son os dereitos, obrigas e indemnizacións das testemuñas”.

Segundo informa o Goberno galego, engadirase máis información sobre os órganos da Administración de Xustiza en Galicia e con utilidades específicas para profesionais do sector. O obxectivo é que www.exustiza.es sexa a canle de comunicación na Rede entre os cidadáns e a xustiza e no que poidan realizar as súas xestión telemáticas a través da futura sede xudicial electrónica.

Directorio de órganos xudiciais e formularios

eXustiza incorpora un completo directorio de órganos xudiciais, no que se poden atopar 323 edificios e 696 órganos xudiciais en Galicia: xulgados, rexistros civís, fiscalías, oficinas de atención ao cidadán e as vítimas e outros órganos e servizos localizados no mapa e con todos os datos de contacto.

eXustiza2A web inclúe ademais información sobre os servizos que ofrece a Administración de Xustiza, con explicación de como son os procedementos e formularios para a súa descarga. No caso do Rexistro civil pódese atopar a información e documentación relacionada con nacementos, defuncións, matrimonios, nacionalidade e outras certificacións. Tamén se atopa a información sobre a inscrición no rexistro de parellas de feito.

A web contén un apartado de preguntas frecuentes, para resolver dúbidas ligadas a calquera dos temas recollidos en eXustiza, e un apartado de actualidade con novas da Xunta de Galicia e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Apartados específicos para o accidente ferroviario de Santiago e as preferentes

O portal ten, ademais da información máis xenérica, contidos específicos para procesos de especial interese ou incidencia nun momento concreto. Así, o portal inclúe apartados con utilidades específicas para dous procesos, para as persoas prexudicadas polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela e para a presentación de demandas por investimentos en produtos financeiros (preferentes e subordinadas).

Fonte: 

Xunta de Galicia

Códigocero.com

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas