Dereito mercantil, Propiedade intelectual, Tecnoloxías da información, Varios

Campus virtual e propiedade intelectual

A entrada que comentamos inxírese no contexto das relacións das universidades co Centro Español de Protección de Derechos de Autor (CEDRO), entidade de xestión colectiva que defende os dereitos de autores e editores, en relación co uso docente de materiais protexidos pola propiedade intelectual.

Durante anos os servizos de reprografía de moitas universidades facían fotocopias prestando pouca atención á propiedade intelectual e sen a autorización dos titulares, requerida polo art. 17  Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual (en adiante TRLPI). Isto cambiou tras unha serie de demandas promovidas por CEDRO contra os servizos de reprografía. O resultado destes procesos foi, no seu conxunto, moi favorable a CEDRO. As universidades cederon e asinaron convenios que lles autorizan a fotocopiar materiais protexidos a cambio dun canon anual, que no curso 2010/2011 era 4,12 euros/alumno matriculado/ano.

IDIUS

Pero, ademáis das fotocopias, nos últimos anos as universidades españolas crearon aulas ou campos virtuais, organizadas pola universidade que permiten aos profesores «colgar» (upload) materiais en formato dixital para que os seus alumnos poidan acceder a eles, visualizalos, gardarlos de forma permanente en formato electrónico ou imprimirlos en papel. Colgar materiais nun campus virtual é un acto de comunicación pública que forma parte do dereito de explotación do autor [arts. 17 e 20.2 i) e j) TRLPI]. Desde 2004 CEDRO ofrece ás universidades convenios que lles autoriza a facelo a cambio dun canon (5 euro/alumno matriculado/ano para o curso 2010/2011), pero as universidades están sendo máis ben remisas a asinalos. Neste contexto debe entenderse todo o que sigue.

As universidades, condenadas por non respectar os dereitos de autor nos seus Campus Virtuais:

  1. A Sentenza do Xulgado Mercantil núm. 2 de Barcelona, de 2 Maio de 2013, condena á Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) a pagar unha importante cantidade de diñeiro por ter colgado materiais sometidos á propiedade intelectual na sua intranet (aula ou campus virtual), facéndoa responsable así da conduta do seu profesorado.
  2. O pasado setembro, a xuiz do mesmo Xulgado do Mercantil número 8 de Barcelona, prohibiu á Universitat de Barcelona (UB) que reproduza ou comunique no seu campus virtual obras dos autores representados pola entidade Cedro.
  3. No ano 2012, CEDRO demandou á Universidad Carlos III de Madrid por copia ilícita no entorno dixital. A demanda, presentada a principios de marzo foi aceptada a trámite.

No caso da UAB, é a primeira que condena a unha universidade española por vulnerar os dereitos de propiedade intelectual mediante o campus virtual. A sentenza plantexa e resolve interesantes cuestións con respecto á responsabilidade da universidade pola conduta dos seus profesores ou a cuantía da indemnización, pero non aborda o que semella máis interesante: a posibilidade de aplicar ás aulas virtuais a excepción de ilustración de ensino regulado polo art. 32.2 TRLPI (texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual). A excepción debe aplicarse tamén ás aulas virtuais (pero non cubre a reprodución de libros enteiros, como se acreditou neste caso).

Nin a lexitimación do Centro Español de Protección de Derechos de Autor (CEDRO) para interpor a demanda, nin a responsabilidade individual do profesorado sobre os contidos que colgan no Campus Virtual, nin a apelación a que intervir sobre os contidos atentaría á liberdade de cátedra, argumentados pola UAB, foron tidos en consideración polo xuiz.

Respecto da responsabilidade da UAB en relación coa do seu profesorado a sentenza recolle:

“En este procedimiento, la demandada establece una herramienta para uso de profesores y alumnos que crea, controla y modifica, y de la que es única titular. Su responsabilidad no puede eludirse con la alegación de que ha incluido una referencia genérica en cada campus acerca de que no pueden vulnerarse los derechos de autor.

Pero es más, la propia normativa interna de la demandada así lo recoge. En el artículo 6 de la “normativa de publicació de material docent al campus virtual de la UAB” se indica que el profesor que publique material docente será responsable ante la UAB de todos los conflictos, reclamaciones y acciones que puedan derivarse del incumplimiento de la normativa.

Por tanto, puede desprenderse que el profesor es responsable frente al Centro de las reclamaciones que reciba de terceros. Pero no impide las obligaciones de la UAB con terceros.”

Pola contra a UAB non expuxo como situación controvertida que a reprodución que se leva a cabo na web estea dentro da denominada excepción educativa tal e como recolle o artg 32.2 da LPI , “por lo que no es posible entrar en dicha cuestión”.

Sentenza do Xulgado Mercantil núm. 2 de Barcelona, de 2 Maio de 2013 (Rec. 303/2012) ( Aranzadi : AC 2013\747).

Límites aos dereitos de autor (Universitat d’Alacant. Biblioteca Universitària)

Fonte: FAJARDO FERNÁNDEZ, Javier. Campus virtual y propiedad intelectual. Comentario a la sentencia del Juzgado de lo Mercantil núm. 2 de Barcelona de 2 de mayo de 2013. Diario La Ley, Nº 8164, Sección Tribuna, 7 Oct. 2013, Año XXXIV, Editorial LA LEY

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas