Ciencia política, Personaxes, Varios

Viva Verdi!

Verdi

Giuseppe Verdi por Giovanni Boldini, 1886

Hoxe celébrase o bicentenario do nacemento de Giuseppe Verdi, autor que puso música ao Risorgimento, o espírito da unificación italiana. En Busseto, un pequeno pobo da Emilia-Romagna, entre as cidades de Milán e Módena, naceu en 1813 Giuseppe Verdi quen, co tempo, se convertiría nun dos compositores máis importantes de Italia. A Italia na que medra Verdi non era un país unido, tratábase dun territorio salpicado por reinos e por estados independentes entre sí que poboaban “a bota” e que, ademáis, soportaban a presenza de tropas estranxeiras do imperio austro húngaro no norte.

Poucos procesos históricos estiveron tan vencellados a unha manifestación estética como o movemento emancipador coñecido como o Risorgimento. Desde o esplendor do Renacemento, cando aínda Italia era unha sucesión de repúblicas, cidades-estado… xa as mentes lúcidas e os políticos máis audaces soñaban cunha unificación de todos eses poderíos dispersos nun Reino de Italia. Os avatares históricos impediron unhae outra vez a concreción dese soño e, para moitos. No século XIX coa caída de Napoleón e a reorganización europea volveron poñer en primeiro plano o secular anceio italiano. Comezaron as sublevacións producidas polas sociedades segredas, a acción de Mazzini, Camilo Benso conde de Cavour, Garibaldi, alianzas, pactos, plebiscitos…

A súa carreira como compositor vai desenvolverse, precisamente, nesa Italia ocupada e, a pesares de non comezar con bo pé e ser rexeitado polo conservatorio de Milán por “non presentar aptitudes para a música”, as súas obras acabaron por se converter no aglutinante do sentir italiano e no canalizador das ideas unificadoras.  Verdi foi, pois, un verdadeiro adalid, que non desperdiciou ocasión de estimular a rebelión con himnos e arias de óperas cuxos argumentos, ainda tratando a historia de outra época e outros países, tiñan estreita relación coa situación italiana d momento. A súa produción artística, dunha importancia e recoñecemento que medrou  exponencialmente, interrompeuse coa morte da súa muller, Giuseppina Strepponi, pero en 1840 rexurde con forza coa estrea da obra Nabbuco coa que adquire un recoñecemento xeral.

Nabucco

Exemplo deste estímulo de rebelión é unha das súas primeiras óperas, con libreto de Temístocles Solera, “Nabucodonosor” (Rei de Babilonia que logo, ao incendiar o templo de Xerusalén, botou aos xudeos da súa patria).

Deténdonos no Coro do Terceiro Acto do Nabbuco,  no famoso “Va pensiero sull‘ali dorate/ Va ti posa sui clivi e sui colli…, no que se refire ao momento en que o pobo xudeo foi desterrado a Babilonia. Os opresores, durante o longo camiñar pedíanlle que elevaran cantos a Yavé, e eles respondíanlle que non podían cantar nunha terra extrana, porque as súas arpas quedaran colgadas nos salgueiros de Sión. Historia efectivamente doutra época pero que tiña unha estreita relación coa situación de sometemento do pobo de Milán, nese momento baixo o dominio austríaco.

Toda Italia quería que o trono fora ocupado polo rei Vittorio Emmanuele, pero como ese nome era considerado subversivo ideouse un anagrama co apelido Verdi. “V. Verdi foi o contrasinal dos patriotas durante anos e significaba Viva Vittorio Emmanuele Re DItalia, cubría tamén as paredes das ruas máis importantes.

O “Va pensiero” convírtese, pouco a pouco, no símbolo do Risorgimento, e a ópera pasa a ser a súa representación artística máis emblemática. Foi precisamente esa capacidade para asumir en profundidade os postulados do movemento unificador, sen rebaixarse á simplificación da propaganda, o que preservou a súa independencia, asegurándolle ao mesmo tempo a súa grandeza e perdurable posteridade.

A morte de Verdi produciuse en Milán o 27 de xaneiro de 1903. Memorable a secuencia de Bertoluci, en Novecento, anunciando o servo chepudo Rigoletto a súa morte “Verdi è morto!, Verdi è morto!” e anunciando ao mesmo tempo o inicio do século XX en Italia.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas