Dereito civil, Noticias e novidades, Varios

A Revista de Derecho Privado cumpre 100 anos

This slideshow requires JavaScript.

A Revista de Derecho Privado está de aniversario.

Neste ano 2013 cúmprese o centenario da aparición do primeiro número desta publicación. O 15 de outubro de 1913 o Catedrático de Dereito Civil da Universidade Central de Madrid (hoxe Complutense) e Presidente do Tribunal Supremo Felipe Clemente de Diego e o avogado e doutor en dereito José María Navarro de Palencia puxeron en marcha o proxecto de publicar unha revista de periodicidade mensual que segundo rezaba o subtítulo da súa cabeceira en 1913 dedicaríase ao “estudo das cuestións prácticas do dereito español civil, mercantil e administrativo“. Complicada e ao parecer fructífera tarefa que logrou que xa en 1935, con motivo do seu vixésimo aniversario, o prestixioso xurista José Castán Tobeñas opinase que “a revista presenta un caudal tal de doutrina e un acervo tan completo de notas xurisprudenciais e bibliográficas, que o xurista español ten nela unha serie de repertorios utilísimos e un conxunto de monografías que logran abrazar todo o conxunto dás institucións do dereito privado“.

O mantemento ao longo destes cen anos, salvo o paréntese provocado pola Guerra Civil, de setembro de 1936 a decembro de 1939, desta sólida liña editorial fixo desta publicación unha peza imprescindible para seguir e valorar o desenvolvemento da investigación civilista en España.

Segundo sinala a Catedrática de Dereito Civil da Universidade Complutense Silvia Díaz Alabart, actual directora da revista, no prólogo conmemorativo incluído no número correspondente a xaneiro/febreiro de 2013, o centenario non é só un motivo de felicitación para todos os que colaboraron e ainda colaboran no proxecto, senón tamén un momento para propoñer novas metas e horizontes que en boa medida pasan por abrir a revista ao ámbito europeo e iberoamericano sen que iso supoña deixar de ser fiel aos seus tradicionais plantexamentos.

A Biblioteca Concepción Arenal non lle resta senon deséxarlles fortuna e acerto neste empeño. Parabéns!

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s