Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

XI Olimpíada Solidaria de Estudo

Olimpiada_de_estudo_2013Un ano máis, a USC colabora coa XI Olimpíada Solidaria de Estudo. Informámosvos que dende hoxe, 5 de novembro dará comezo a Olimpíada e durará ata o día 5 de decembro de 2013.

A Olimpíada Solidaria de Estudo (OSE) é unha innovadora acción de sensibilización e solidariedade, a través da que a mocidade e as empresas poden participar e comprometerse con proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

A Universidade de Santiago de Compostela está a ser unha das entidades do Estado español que máis cartos recada nas Olimpíadas.

Aínda que xa levamos dez olimpíadas organizadas, hai moitos membros da comunidade universitaria que  non coñecen esta iniciativa, podendo acadar mellores resultados. Por isto pedimos a vosa colaboración e deades a coñecer a Olimpíada, ademáis de participar nela.

Este ano a Olimpíada estudará de novo por Haití; como hai dous anos, por cada hora de estudo os patrocinadores destinarán 1 € para o financiamento da reconstrución das escolas La Saline e Deux Mapous, devastadas polo terremoto que asolou o país en 2010. Para facer o cómputo total das horas, habilitouse un terminal informático na entrada da biblioteca, no que os estudantes teñen que introducir a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI), no momento que entren na sala e ao saír.

Lembrade que os participantes tedes que estudar como mínimo unha hora e non mais de catro. En caso de que foran máis teriades que saír e volver introducir a tarxeta.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas