Biblioteca Concepción Arenal, Dereito civil

Exposición conmemorativa do 50 aniversario da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia

A publicación no BOE desta Compilación supuxo a consolidación lexislativa dun Dereito que ata entón só se puido manifestar a través do costume

Cartel Compilación

Hoxe, dous de decembro de 2013, cúmprense 50 anos da Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia, cuxa publicación supuxo a consolidación lexislativa dun Dereito que ata entón só se puido manifestar a través do costume. A súa existencia no momento de entrada en vigor da Constitución de 1978 significou que Galicia quedaba enmarcada entre as comunidades autónomas ás que a lei fundamental outorgaba competencias lexislativas en materia de conservación, modificación e desenvolvemento do seu Dereito propio.

No marco desta efeméride, a USC inaugura este martes 3 de decembro unha exposición conmemorativa que poderá visitarse na Biblioteca Concepción Arenal, comisariada pola profesor María Paz García Rubio e José Francisco Méndez García. O acto inaugural celébrase a partir das 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito presidido polo reitor Juan Casares e no que o profesor Ramón P. Rodríguez Montero pronunciará a conferencia ‘

’. Seguidamente, os asistentes ao encontro visitarán a mostra na Biblioteca Concepción Areal, onde a profesora García Rubio presentará o seu contido.

A exposición ’50 aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia’ trata de amosar a través de fotografías, documentos e libros –na súa maioría procedentes dos fondo da propia Biblioteca universitaria– os fitos fundamentais que explican a orixe, a razón de ser, o contido e as implicacións dun texto que “naceu sen vocación de grandeza e ao que o destino ten posto nun lugar destacado”.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s