Dereito civil, Novidades bibiográficas, Profesorado

La responsabilidad civil del auditor de cuentas

Portada Responsabilidad civil auditorLa responsabilidad civil del auditor de cuentas : “Pure economic Losses” : daños causados a terceros  (A75-217) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra escrita pola profesora de Dereito Común da USC Marta Otero Crespo, e prologada pola catedrática do mesmo departamento María Paz García Rubio, e publicada recentemente pola editorial Aranzadi Thomson Reuters na súa colección Estudios. Tédela no segundo andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada a Responsabilidade civil.

A presente monografía ten a súa base na tese defendida pola autora na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela en 2010, co título Pure economic loss, la responsabilidad frente a terceros por informaciones negligentes, (especial consideración de la responsabilidad del auditor).

A obra aborda unha cuestión de sumo interese na sociedade da información actual, cal é a relación entre a emisión de informacións incorrectas prestadas nun contexto profesional e os danos que pode sufrir quen se sirve dela.

De feito, existe un amplo elenco de profesionais expostos á causación de pure economic losses – danos puramente económicos- baseados no subministro de informacións erróneas e, porén, eventuais suxeitos á responsabilidade civil.

Avogados, notarios, tasadores ou axencias de cualificación de riscos son algúns bós exemplos. Sen deixar de aludir a estes, pola súa demostrada importancia en canto gardiáns do sistema financeiro, esta obra detense no estudo da responsabilidade civil dos auditores de contas. A súa autora analiza tanto a tipoloxía dos danos que poden ser causados, como a responsabilidade contractual e extracontractual destes, servíndose da mellor doutrina comparada e da recente xurisprudenza do Tribunal Supremo.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas