Ciencia política, Personaxes

500 aniversario do “Príncipe” de N. Maquiavelo

Neste ano 2013 cúmplense 500 anos de que Nicolás Maquiavelo escribira a obra “De principatibus” como figura no título orixinal en latín nas primeiras copias manuscritas, xa que non foi ata 1532 cando apareceu a primeira edición impresa.

Maquiavelo

É a obra de literatura italiana máis difundida no mundo, e da que mais traducións se teñen realizado.

Maquiavelo naceu en Florencia en 1469 e sábese que escibiu a obra en 1513 por unha carta enviada ao seu amigo Francesco Vettori na que lle comenta que acabara un opúsculo titulado “De principatibus“. O manuscrito orixinal nunca se localizou, pero sí se conservan varias copias que circularon profusamente antes da súa primeira edición impresa en 1532, cinco anos despois da morte do seu autor.

O libro expón os métodos para manter e conservar o poder, revolucionou o pensamento político na Europa do momento e seguiuse a estudar ao longo destes cinco séculos, sendo aínda a día de hoxe manual de estudo nas Facultades de Ciencias Políticas de todo o mundo.

O Príncipe sempre estivo no índice de libros prohibidos da Inquisición, pois apartábase das teorías cristiás que unían ética e política, e o exercicio do poder como unha manifestación do poder divino.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s