Novidades bibiográficas, Personaxes, Reserva

Sementar os ares novos

 

Sementar os Ares Novos

En 2013 cumpríronse 100 anos do nacemento de Francisco Fernández Del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) e oitenta da lectura do discurso La Universidad gallega ante el momento actual’ que pronunciou como representante do estudantado na inauguración do curso 1933-1934, cando era alumno de Dereito en Compostela, impreso que atesouramos na Biblioteca Concepción Arenal.

A Universidade de Santiago ven de editar, a través do seu Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, o volume Sementar os ares novos (P/GA4-127), unha homenaxe da institución ao intelectual galego. O libro, que incorpora a reprodución facsímile dese discurso, un alegato rotundo a favor da Universidade, recolle ademais unha reflexión
do profesor Henrique Monteagudo acerca do papel de Fernández del Riego na galeguización da Universidade durante a II República e un texto do propio homenaxeado no que explicaba a súa función no movemento estudantil compostelán da época.  

Quizais o máis relevante desta obra é a inclusión da reprodución facsímile do mencionado discurso pronunciado, obrigatoriamente en castelán, o 1 de outubro de 1933 no Paraninfo da Universidade. Alí interviña como estudante mais un ano máis tarde iniciábase como docente, unha carreira que viu tronzada pola represión que trouxo o alzamento militar de 1936.

La Universidad GallegaComo sinala o reitor na presentación do volume, “agardemos que o presente contributo sirva para lembrar non só o homenaxeado senón toda aquela abraiante pléiade de estudantes que ofreceron unha inestimable achega á modernización e democratización da USC”, especialmente a aquel fito que “don Paco perseguiu con tanta entrega como é a galeguización da nosa Universidade”. 

Fonte: A USC homenaxea a Francisco Fernández del Riego co volume Sementar os ares novos. [ONLINE] Dispoñible en: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_01/noticia_0008.html. [Última consulta: 9 de xaneiro de 2014]. (Xornal, 02/01/2014)

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas