Biblioteca Concepción Arenal, Personaxes, Xuristas

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

Conchi

Hoxe cúmprense 194 anos do nacemento de Concepción Arenal (Ferrol, 1820; Vigo, 1893), persoeira á que lle debemos a denominación de Biblioteca Universitaria Concepción Arenal.

A reforma penal, a cuestión obreira e a situación social das mulleres foron as principais preocupacións da nosa autora, así como os temas claves que desenvolveu nos seus escritos, que abarcan máis de vinte tomos.

Logo de realizar con desgana, en Madrid, os típicos estudos para señoritas da época, foi cando iniciou a súa formación, de xeito autodidacta. Tense dito que foi a primeira muller española que entrou como oínte nas aulas universitarias. Que durante tres cursos (1842-1845), asistiu, disfrazada, de home, a clases de dereito na Universidade de Madrid.

Na década dos cincuenta comezou a escribir e a publicar. Colaborou no xornal progresista La Iberia e foi redactora de La Voz de la Caridad. Tamén desempeñou diversos cargos: visitadora de prisións de mulleres de Galicia, inspectora das casas de corrección de mulleres, membro da comisión de reforma do Código Penal e secretaria xeral da Cruz Vermella de Madrid.

Sentímonos moi orgullosos de levar o nome desta insigne galega, nunca suficientemente recoñecida

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas