Bases de datos, Lexislación, Noticias e novidades, Recursos web, Tecnoloxías da información

Os novos servizos do BOE

foto_boe
A Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, co obxectivo de favorecer o coñecemento do ordenamento xurídico español, dende hai tempo leva poñendo en marcha novos servizos que lle permiten á cidadanía acceder á lexislación vixente de xeito sinxelo, gratuito e personalizado.

A páxina do Boletín Oficial del Estado (BOE) pon á súa disposición as seguintes posibilidades:

  • Base de datos de lexislación que incorpora o texto consolidado e permanentemente actualizado das normas vixentes e das súas distintas versións temporais.
  • Nova colección de Códigos Electrónicos en PDF e ePUB que se poden descargar no ordenador, tableta ou teléfono móbil ou, se se desexa, adquirir a versión impresa desde a propia páxina web.Estes códigos, permanentemente actualizados, recompilan a lexislación vixente dos distintos ámbitos do dereito español: constitucional, civil, administrativo, penal, procesual, mercantil, social, tributario e financeiro. Os títulos dispoñibles vanse ampliando progresivamente ata abarcar todos os sectores do ordenamento. Ademáis, cunha sinxela alerta no  correo electrónico, avísase de calquera cambio, podendo descargarse a nova versión.
  • O BOE á carta é un servizo para facilitar o acceso á información o mesmo día que esta se publica no boletín oficial e que permite recibir avisos no correo electrónico sobre unha materia, norma, convocatoria ou anuncio do seu interese.Incluso pode crearse unha alerta con calquera palabra ou frase do texto publicado, por exemplo, a denominación dunha localidade.

img_alertas_02

Destas posibilidades xa vos informamos nas entradas deste blog

O BOE modernízase cun servizo de alertas “á carta”

Libros electrónicos de balde de Publicacións do BOE

O BOE agora tamén no teu móbil

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas