Bases de datos

IN-RECS, IN-RECH E IN-RECJ deixan de actualizarse

O día 20 de xaneirode 2014 apareceu un comunicado  do grupo de investigación que mantén os índices  IN-RECS, IN-RECJ e IN-RECH no que se anuncia o cese da actualización destes indicadores, o comunicado está asinado por Evaristo Jiménez Contreras e Emilio Delgado López-Cózar, de EC3.

Este indicadores eran unha alternativa ao factor de impacto do Journal Citation Reports  internacionalmente recoñecido  para a avaliación da produción científica, xa que a presencia dunha publicación neste é o criterio máis valorado polas axencias de avaliación internacionais, nacionais e autonómicas (p. ex. ANECA, CNEAI, ANEP, ACSUCYL); pero a  sua  utilidade para avaliar a produción científica española en Ciencias Sociais e Humanidades é limitada -de feito o Journal Citation Reports non publica o factor de impacto para as revistas da área de humanidades. A elaboración dos índices españoles IN-RECS (Ínice de impacto de revistas españolas de ciencias sociais), IN-RECJ (Índice de Impacto de revistas españolas de ciencias xurídicas)  e IN-RECH (Índice de impacto de revistas españolas de ciencias humanas) trataba de paliar esta debilidade.

Unha mágoa que iniciativas encamiñadas a visibilizar as humanidades, ciencias sociais e xurídicas teñan  que esmorecer por falta de apoio.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s