Historia do dereito, Historia económica, Noticias e novidades, Recursos web

O Catastro do Marqués de la Ensenada, dixitalizado

Vilaboa

VILABOA (Pontevedra). AHP PONTEVEDRA MP 1 – 3 – 1/5. Mapa das freguesías de San Martiño de Vilaboa e Santa Cristina e Santo Adrián de Cobres

Os dicionarios xeográficos permiten ubicar unha localidade xeograficamente, pero tamén o seu contexto administrativo, relixioso e xudicial. Como antecedente destes dicionarios pódese lembrar o “Catastro del Marqués de la Ensenada” (1750-1753), dixitalizado e consultable a través de PARES (Portal de Archivos Españoles), de moita utilidade para dar a coñecer a realidade histórica de mediados do século XVIII. O dicionario xeográfico mais extenso e prestixioso é o coñecido como “Madoz” (Madoz, PascualDiccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de UltramarMadrid : Imp. del Diccionario, 1845-1850. 16 v., DEP A1 37), que ofrece a situación de España a mediados do século XIX. Pódese consultar en liña no repositorio Hispana.

O Catastro de Ensenada púxose en marcha por Real Decreto de Fernando VI, e o seu obxectivo era recabar toda a información das localidades da Coroa para realizar unha reforma fiscal “que sustituyera las complicadas e injustas rentas provinciales por un solo impuesto, la llamada Única Contribución”, converténdose na máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII.

Entre 1750 e 1754 as poboacións de Castela foron sometidas a un interrogatorio constituido por corenta preguntas, tanto relativas á identificación do lugar, xurisdición, extensión e límites, como os tipos de terra, minas, muíños, gando, etc.; tamén hai preguntas sobre a veciñanza e a súa actividade comercial ou industrial: tabernas, mesóns, tendas, panaderías, carnicerías, mercados e feiras, hospitais, cambistas e mercaderes, tendeiros, médicos, boticarios, arrieiros etc.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A LANZADA (Pontevedra). AHP PO MP 1_3 _1/3. Mapa da xurisdición de A Lanzada, pertence ao Interrogatorio orixinal do Catastro de Ensenada

O Arquivo Xeral de Simancas custodia a copia compulsada completa das contestacións das 13.000 localidades do Reino, e a súa información é de moita utilidade para dar a coñecer a realidade histórica de cada poboación a mediados do século XVIII.

No menú verás que só hai que indicar a localidade e o programa recolle automaticamente a documentación da mesma.

  • Para coñecer mellor o Catastro pode consultarse a seguinte obra:

El catastro de Ensenada : magna averiguación fiscal para alivio de los vasallos y mejor conocimiento de los reinos : 1749-1756 : [exposición]. Madrid : Ministerio de Hacienda, [2002]. 557 p.
R 51998 (Biblioteca Xeral). H-E 1955 (Biblioteca de Xª e Hª)

Na Biblioteca Universitaria dispoñemos dun amplo número de estudos, tanto do propio Catastro como de Galicia, a nivel provincial e local.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s