Ciencia política, Noticias e novidades, Novidades bibiográficas, Profesorado

Ciencia política con perspectiva de género

Ciencia política con perspectiva de género (P16-162) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra coordinado polas profesoras doutoras da USC Alba Alonso e Marta Lois González, publicada pola editorial Akal, na súa colección Ciencia Política que dirixe o catedrático da USC Ramón Máiz. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada a Política e Xénero.

Presentado recentemente, o libro é a rCiencia política con perspectiva de género.inddesposta dun grupo de profesoras procedentes de diferentes campos da Ciencia Política que xuntaron esforzos para intentar contribuír a enriquecer a disciplina dende un enfoque que integre a perspectiva de xénero no centro dos principais debates e discusións da Ciencia Política. O volume está coordinado polas profesoras da USC Alba Alonso e Marta Lois González que reuniron as achegas de investigadoras do grupo Xénero e Política que integran expertas das universidades Complutense, Pompeu Fabra, Oviedo, Barcelona, País Vasco e da USC.

Como explican as coordinadoras no prólogo, esta obra xurde como resposta á postura neutra da Ciencia Política ante o xénero, o que supón obviar a incidencia das desigualdades entre mulleres e homes no seu obxecto de estudo. Así, o obxectivo do novo libro foi “elaborar un manual que cuestionase o argumento relativo a que ‘non procede’ ou ‘non é factible’ a inclusión da perspectiva de xénero nesta disciplina ou nun tema específica da Ciencia Política”.

A utilización dunha linguaxe non sexista ou dun sistema de citas bibliográficas que dea visibilidade ao nome de autoras e autores son aspectos tamén presentes na elaboración formal do volume, no que se incorporan os principais achados politólogos con perspectiva de xénero. Así, como explican as súas coordinadoras, ofrece un amplo panorama introdutorio sobre temas e debates centrais de Ciencia Política seleccionados a partir das principais materias de grao das titulacións de Ciencia Política existentes nas universidades españolas e tendo en conta tamén o Libro Branco de Ciencia Política da ANECA.

Os temas seleccionados foron as institucións políticas, métodos de investigación, o sistema político español, o comportamento político, os partidos e os movementos sociais, as políticas públicas e a súa avaliación, as relacións internacionais, a comunicación política e a teoría política. En conxunto, “as aproximacións politolóxicas con perspectiva de xénero que percorren os diferentes capítulos do manual son heteroxéneas e ofrecen diversas visións sobre a relacións entra a Ciencia Política e as desigualdades de xénero”.

Fonte: Xornal da USC  [Última consulta: 13 de marzo de 2014]. (Xornal, 12/03/2014)

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s