Bases de datos, Noticias e novidades

H Index Scholar: o índice H dos profesores universitarios españois de Humanidades e Ciencias Sociais, revisado e ampliado

h index scholar inicio marzo 2014

Pubicado polo Grupo de Investigación EC3: Evaluación de la Ciencia y de la Comunidad Científica o Índice H do profesorado universitario español de humanidades e ciencias sociais actualizado a 2012 que se pode consultar por orde no índice ou por universidades.

Lembrar que o H Index Scholar é un índice bibliométrico que pretende medir o rendemento da produción académica dos profesores e investigadores de universidades públicas españolas de Humanidades e Ciencias Sociais a partir do reconto das súas publicacións e das citas bibliográficas que estas recibiron a través de Google Scholar.

Que información contén H Index Scholar 2012?

Mostra o índice h de 15.000 profesores de universidades públicas españolas, aínda que se calculou o de máis de 40.000, que son os profesores que conforman as áreas de coñecemento de Humanidades e Ciencias Sociais en España.

Queremos recalcar que os índices bibliométricos amosados non representan os que actualmente posúan os investigadores: Son os correspondentes ao ano 2012, e en concreto, á data na que se realizaron as procuras en Google Scholar (información que figura na listaxe de cada área de coñecemento).

Cal é a finalidade de H Index Scholar?

Quixese subliñar o carácter experimental do mesmo, deixando claros cales son os obxectivos que pretende cubrir:

  1. Comprobar a capacidade de Google Scholar para recuperar a produción científica e académica de científicos adscritos aos ámbitos de Humanidades e Ciencias Sociais, invisibles ás tradicionais bases de datos polos seus peculiares hábitos de publicación.
  2. Examinar a súa idoneidade para identificar a produción de contornas xeográficas nacionais distintos ao mundo anglosaxón e que usan  linguas de expresión distintas ao inglés.
  3. Determinar a fiabilidade e validez dos índices h e g baseados en información fornecida por Google Scholar para detectar o núcleo de académicos de maior influencia nas distintas disciplinas humanísticas e sociais.

O carácter experimental desta acción diríxese así mesmo a comprobar o grao de aceptación de produtos desta natureza nunha comunidade académica, como é a dos profesores dos campos humanísticos e sociais, tan afastada de exercicios e prácticas bibliométricas deste tenor.

Sexa cal for o resultado, o que é indiscutible é que Google Scholar cobre moitísimos máis documentos que calquera dos sistemas de información científica tradicionais, indiza maior variedade de xéneros documentais (artigos de revistas, libros, teses, informes, comunicacións a congresos?), recolle documentos en todos os idiomas sen restrición e recupera unha porcentaxe moi elevada de citas, moitas das cales proceden das fontes de referencia académica para o universo das Humanidades e Ciencias Sociais.

Podemos dar unha maior visibilidade á nosa produción científica simplemente publicándoa en MINERVA, o repositorio institucional da Universidade de Santiago, que é un dos sitios académicos que rastrexa Google Scholar. Facendo que o noso traballo sexa máis visible incrementamos a posibilidade de que sexa coñecido, lido e citado.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas