Dereito civil, Novidades bibiográficas

Sustitución fideicomisaria de residuo, usufructo testamentario de disposición y donación

SucesionesSustitución fideicomisaria de residuo, usufructo testamentario de disposición y donación (CA/E67-316) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora doutora da USC Antonia Nieto Alonso publicada pola editorial La Ley, na súa colección Temas. Tédela no segundo andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada a Sucesións.

Con inusitada frecuencia obsérvase como a preocupación dun causante medio de deixar protexidos ou de favorecer o seu cónxuxe, ao convivinte more uxorio, a determinados parentes ou a calquera outras persoas, articúlase coa concesión de amplas facultades de disposición en actos mortis causa, case sempre subordinadas á situación de necesidade, ben por medio dunha substitución fideicomisaria de residuo ou, no seu caso, dun usufruto de disposición iure hereditario. Pero tamén no negocio xurídico inter vivos da doazón apréciase que as facultades de disposición nuns casos se encontrarán limitadas e noutros favorecidas, de novo, en función da necesidade; en relación á doazón, compre advertir que importarán a este estudo unicamente os supostos regulados polos artigos 634, 639 e 641 do Código civil.

A pretensión desta investigación é a de acometer unha análise, o máis exhaustiva posible, de tres institucións xurídicas, dúas delas sucesorias: a substitución fideicomisaria de residuo e o usufruto testamentario de disposición; a outra, derivada dun negocio xurídico inter vivos, a doazón. O estudo realízase desde a perspectiva da confluencia que se produce entre estas figuras a través da concesión ou, no seu caso, limitación de facultades de disposición e o factor necesidade que condiciona aquelas e inclúe non só a insuficiente regulación da materia polo Código civil español, senón que se estende á lexislación autonómica, en especial, ao Fuero Nuevo de Navarra e, de forma significativa, ao Código civil de Cataluña. A obra ilústrase con copiosa xurisprudencia do Tribunal Supremo e doutrina da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado.

Abunda na pertinencia deste estudo a exigua regulación e o abandono polos xuristas das figuras que se analizan. Polo demais, dada a complexidade de que adoecen estas institucións, a monografía pode resultar clarificadora para calquera estudoso do Dereito, por tratarse de cuestións xurídicas vivas e vividas na práctica profesional.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas