Novidades bibiográficas

Manual de estilo Chicago-Deusto

ChicagoDeustoA Biblioteca ven de adquirir a edición do Manual de estilo Chicago-Deusto (A2-42). Adaptado ao castelán por Javier Torres Ripa, é a guía definitiva para os autores e editores que deben preparar textos destinados á súa difusión.

A Universidade de Chicago publicou en 1906 este manual e en sucesivas edicións adaptouse ás circunstancias da industria editorial. Desde entón é unha referencia indispensable para escritores, redactores, correctores de probas, publicistas, deseñadores e editores. Naceu, pois, máis como un compendio de reglas para uso da imprenta da Universidade de Chicago, pero evolucionou de tal xeito que hoxe é un manual de estilo que non só serve aos editores, sociedades ou asociacións científicas, se non tamén, e especialmente, a aqueles autores que teñen que publicar os resultados da súa investigación. Que teñen que autoeditarse, por causa das exixencias da produción dixital. Por suposto que o espazo abarca non só ao mundo do libro, se non tamén, e especialmente, ao mundo das revistas, é dicir, ao dos artigos científicos.

Que aporta esta edición que non conteña a versión inglesa?

  • Cuestións como xestión de dereitos de autor e propiedade intelectual conforme á normativa legal en España.
  • Últimas tendencias da edición dixital, sobre todo para revistas científicas e adaptación ás normas internacionais.
  • A posta ao día de cuestións de estilo e uso lingüístico.
  • É sobre todo, e ademais do seu carácter técnico, unha guía de uso do español actual.

Estamos ante unha tradución adaptada aos usos normativos e editoriais do español. Unha tradución da decimosexta edición (2010) do Chicago Manual of Style. Nesta 16ª edición, o Manual ofrécese totalmente revisado e adaptado para reflectir cómo traballan os editores profesionais na era dixital. Cheo de consellos claros sobre o estilo e uso da língua española, este novo Manual de estilo Chicago-Deusto ten unha grande riqueza de información sobre os procesos de fluxo de traballo editorial para edicións impresas ou electrónicas.

As novas formas de produción dixital e de distribución de contidos guiaron esta edición. Recoñécese, por unha banda, a continua evolución no modo en que autores, redactores e editores levan a cabo o seu traballo e, por outra, préstase atención a aqueles aspectos do proceso que son independentes do campo das publicacións. Levado pola súa propia experiencia así como pola visión e recomendación dun gran número de autores, redactores, correctores de probas, e outros profesionais das publicacións, o equipo editorial da Universidade de Deusto adaptou o tradicional estilo de Chicago para tratar os novos formatos, procedementos e fontes aos usos actuais que definen a industria das publicacións académicas.

Fonte:

Badía, Javier. “Un manual de estilo centenario, por primera vez en español”, UneLibros 28 (Primavera 2014): 20. Dispoñible en: http://www.une.es/media/Ou1/Image/webmayo2014/UNElibros%2028%20DIG.pdf

Manual de estilo Chicago-Deusto

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas