Ciencia política, Novidades bibiográficas, Profesorado

La España evidente

Barreiro Rivas

La España evidente  (P4-4194) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra escrita polo profesor de Ciencia Política da USC Xosé Luís Barreiro Rivas, publicada pola editorial ovetense Nobel. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal.

Con esta obra, Xosé Luís Barreiro Rivas, resultou gañador da vixésima edición do Premio Internacional de Ensayo Jovellanos, considerado o máis importante de España no seu xénero, pola súa obra La España evidente.

La España evidente de Xosé Luís Barreiro é unha alegación serena, pero firme nos seus argumentos, en defensa dunha España repensada desde a perspectiva europea e afastada da “irreflexiva” aposta do independentismo catalán.

Barreiro bebe das fontes da historia e da política para explicar que “as diferenzas entre o que somos e o que din que somos” representan o obstáculo a salvar para recuperar os valores éticos, políticos e históricos que lle dean “forza e coherencia ao acervo común” de España. E afastarse, aclara, da “falsa lenda” dunha España sempre contraposta á modernidade, ao europeísmo e á liberdade.

O politólogo e expolítico galego propón en La España evidente diferentes solucións para problemas concretos. Desde novos sistemas de financiamento autonómico “inexplorados ata o momento”, ata un federalismo “expresamente constitucionalista”.

En calquera caso, apunta que a solución está nunha Europa máis unida como única forma que permita afrontar retos e problemas con solvencia.

Xosé Luís Barreiro pon branco sobre negro das carencias, actuais e pasadas, de España como proxecto, pero que experimentou un proceso coherente na medida das súas posibilidades e circunstancias históricas, cuxa fragmentación sería “ilóxica, irracional e quizá tamén imposible”. Talvez, engade, porque as realidades de España e Cataluña aparecen sempre imbricadas e complementarias, pero nunca enfrontadas.

O autor aborda, nunha obra que define de madurez, os conflitos derivados da nosa identidade como nación, da crise que cuestiona o modelo de Estado e, ante todo, das dúbidas sobre Europa, que a pesar de todo, di, ten un futuro vigoroso e inexorable.

Fonte: Entregados los Premios Internacionales de Ensayo y Poesía Jovellanos 2014. Grupo Paraninfo [Consultado 23/06/2014]

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas