Ciencia política, Noticias e novidades, Personaxes

70 aniversario da presentación de Sempre en Galiza

Sempre en Galiza

Desde a súa publicación ata os nosos días, Sempre en Galiza foi considerada unha obra de referencia fundamental do galeguismo (ata ser incluso considerada unha especie de Biblia do nacionalismo galego), e actualmente considérase o libro máis significativo da cultura política galega do século XX.

O 10 de marzo de 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza e no mes de xullo e presentábase o 2 de xullo de 1944 no salón do Prince George´s Hall de Bos Aires. Foi no marco dun banquete de homenaxe que a colectividade galega lle brindou a Castelao.  A obra de Alfonso R. Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro.

Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas. Componse de catro libros distintos, escritos en distintas épocas e que reflicten a sua perpectiva política segundo os acontementos que se ian producindo en Galicia, en España e no mundo. No libro xúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, Adro, comprende os artigos que dende Badaxoz escribiu para A Nosa Terra en 1935 , o Libro I engloba o periodo da Guerra Civil Española, o Libro II está escrito xa no exilio en New York (1940), o Libro III abarca os últimos años da Segunda Guerra Mundial e o Libro IV recolle o pensamento do autor entre os anos 1947 e 1948.

O pensamento de Castelao segue a ser un importante punto de referencia nos nosos días tratando problemáticas que aínda son motivo de controversia ou que carecen dunha plena resolución, como os fundamentos do seu ideario político ou as posicións lingüístico-culturais.

É de destacar a edición crítica de Sempre en Galiza que coordinou o catedrático de Ciencia Política da USC Ramón Máiz, con colaboracións de profesores desta universidade como Justo Beramendi ou Henrique Monteagudo, que editou en 1992 a Universidade de Santiago, xunto co Parlamento de Galicia, da que se fixo unha segunda edición no ano 2000, dándolle unha visión actual do significado da obra de Castelao.

Segundo palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Sempre en Galiza é “un libro que marcou o pensamento de sucesivas xeracións galegas e un autor que foi un símbolo para os seus coetáneos e para a posteridade”.

Os sitios webs do Consello da Cultura Galega poñen a disposición dos usuarios unha aplicación para dispositivos móbiles (Apple e Google Android) que consiste na edición dixital aumentada do texto. O Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia, coa colaboración do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela, elaboraron unha app que contén o Sempre en Galiza completo e numerosos contidos adicionais, como os estudos sobre o proceso de creación e documentación da obra, materiais adicionais, biografías de Castelao, fotogalerías, vídeos, etc.

Ademais, coa intención de contribuír a un mellor coñecemento da obra, destacadas personalidades de Galicia e doutros países, comparten a través de internet a súa lectura de Sempre en Galiza.

 

Fontes:

O Consello da Cultura difunde o Sempre en Galiza cun acto institucional e varias accións polo 70 aniversario [Consultado 01/07/2014]

O Consello da Cultura destaca a relevancia do Sempre en Galiza no 70 aniversario da súa edición [Consultado 04/07/2014]

Vídeo promocional conmemorativo

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas