Bases de datos

Índice H das revistas científicas españolas segundo Google Scholar Metrics (2009-2013)

fotoblog7417A mediados do pasado mes de xullo publicouse a actualización do Índice H de las revistas científicas españolas según Google Scholar Metrics (2009-2013) por , Juan Manuel Ayllón Millán, Alberto Martín-Martín, Enrique Orduña-Malea, Rafael Ruiz Pérez e Emilio Delgado López-Cózar do grupo EC3 , grupo de avaliación da ciencia e da comunicación científica das Universidades de Granada e Politécnica de Valencia.

Con este traballo o grupo de avaliación da ciencia e da comunicación científica, pretende superar a eiva do Google Scholar Metrics que ofrece os seus rankings por linguas (por exemplo, amosa as 100 que teñen maior impacto en español), permitindo, só no caso das revistas en inglés, rankings por áreas temáticas e disciplinas.

Os autores  organizan as revistas científicas españolas que figuran en Google Scholar Metrics (GSM) en rankings por campos científicos e disciplinas. Identificáronse 1003 revistas, das que 520 son de Ciencias Sociais, 218 de Arte e Humanidades, 146 de Ciencias da Saúde e 119 de Ciencias Naturais e Enxeñarías. Ordénanse segundo o seu índice H, contendo tamén a mediana H. Estes indicadores son os máis utilizados ultimamente para medir o impacto tanto das publicacións periódicas como das publicacións dos diferentes autores, boa explicación de cómo se obtén na Universidad de Sevilla, uns exemplos:

Índice H: se a revista tivera nove artigos en total e os números de citas que recibiron nos últimos cinco anos foran respectivamente 37, 14, 11, 7, 5, 4, 3, 2 e 2, o Índice-h sería igual a t=5, xa que 5 dos 9 artigos teñen polo menos 5 citas, á vez que ningún dos restantes 4 non superan as 5 citas.

Mediana H: Neste caso, o Núcleo-h está conformado por 5 artigos (aqueles que recibiron 37, 14, 11, 7 e 5 citas respectivamente). A mediana deses 5 valores, 11 neste exemplo, é un indicador que se agrega complementariamente ao valor do Índice-h.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas