Dereitos humanos, Varios

Que son os Dereitos Humanos?

Fixécheste algunha vez esta pregunta? Sabes respondela? Este vídeo axúdache a que saibas un pouco máis sobre os Dereitos Humanos

http://www.youtube.com/watch?v=6ch14iqNC6w&feature=youtu.be

Dende hai 66 anos, cada 10 de decembro, a comunidade internacional celebra a adopción por parte da Asamblea Xeral da ONU en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH).

A Biblioteca CDereitos Humanosoncepción Arenal quere sumarse a esta conmemoración, e para elo amosámosvos no vestíbulo unha escolma das novidades bibliográficas recibidas no último ano sobre o tema, dende o punto de vista xurídico, político e social,  co obxecto de sensibilizar á comunidade universitaria no Día dos Dereitos Humanos. Neste enlace pódese consultar as últimas obras recibidas.

Dereitos humanos 365,#rights365, é o lema adoptado para este ano. Neste día, a oficina de dereitos humanos da ONU está facendo fincapé en que a promoción destes dereitos inalienables, todos os días e en todas partes, xa non debería ser un ideal se non converterse en realidade.

A exposición está, pois, deseñada para promover a comprensión e o recoñecemento da dignidade intrínseca e os dereitos inalienables de todos os membros da familia humana.

 Para saber máis:

Dereito Internacional dos Dereitos Humanos

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

One thought on “Que son os Dereitos Humanos?

  1. Todavía mucho camino por recorrer en el mundo, y en España deshaciéndolo en vísperas de la “ley mordaza” que impulsa el Gobierno

    Posted by Txema Daluz | 11 Decembro 2014, 20:38

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas