Bases de datos, Dereito constitucional, Noticias e novidades

Portal web Red_Parlamenta

Red_Parlamenta

Recentemente estreouse o portal web Red_Parlamenta que é a rede de cooperación dos servizos documentais dos dezasete parlamentos autonómicos do estado español.

Red_Parlamenta deixou de ser unha rede restrinxida o mes pasado e agora permite a toda a cidadanía ter acceso ás noticias dos dezasete parlamentos autonómicos e aos recursos e coleccións dos servizos de documentación. Non ten carácter político, nin serve como vehículo para debater nin canalizar as propostas aos parlamentarios, que deberán dirixirse ás webs das propias Cámaras.

O portal permite acceder aos contidos comúns que hai nos portais web dos 17 parlamentos autonómicos, integrando nun único portal os enlaces á actividade parlamentaria de todos os parlamentos, así como os buscadores de tramitación parlamentaria, os regulamentos e resolucións parlamentarias ou os ditames de subsidiariedade), así coma outros recursos de interese elaborados polos servizos documentais das cámaras lexislativas (bibliografías, dossiers documentais sobre temas en tramitación, catálogos bibliográficos ou boletíns de sumarios, entre outros produtos documentais).

Fonte: Red_Parlamenta

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas