Dereito mercantil, Novidades bibiográficas, Profesorado

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia

Patentes farmaceuticas

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia (IDIUS-8709) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía publicada pola editorial Aranzadi e dirixida polo profesor doutor da USC Ángel García Vidal, e coordinada polos tamén profesores da USC  María del Mar Maroño Gargallo e Francisco Javier Framiñán Santas. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección do IDIUS, adicada a Dereito de autor, patentes…

O presente libro ten por obxecto a análise das principais condutas relacionadas coas patentes farmacéuticas e os certificados complementarios de protección de medicamentos que poden presentar problemas desde a óptica do Dereito de defensa da competencia, unha cuestión na que incidiron recentemente as autoridades de defensa da competencia.

Deste xeito, nos distintos capítulos da obra examínanse: a) o posible abuso de posición dominante por medio da solicitude destes dereitos de propiedade industrial sobre medicamentos (solicitude fraudulenta, patent thickets); b) a negativa inxustificada a licenciar e o fenómeno dos consorcios de patentes; c) os acordos para atrasar a entrada no mercado dos medicamentos xenéricos, d) a aplicación privada do Dereito europeo da competencia por parte de tribunais civís aos que os prexudicados por unha conduta ilícita diríxense para reclamar unha indemnización en concepto de responsabilidade extracontractual polos danos sufridos, e) a experiencia italiana, onde abundan os casos en que a aplicación da normativa antitrust vai máis aló mesmo do que han ido a Comisión Europea, o TG e o TJUE, e f) a patentabilidad das invencións farmacéuticas na OEP.

A elaboración e edición desta obra enmárcase no Proxecto de investigación “Competencia e publicidade no sector químico-farmacéutico” (DER 2011-23036), financiado polo Goberno de España [Ministerio de Ciencia y Tecnología (hoxe Ministerio de Economía e Competitividade)], do cal é investigador principal o Prof. Dr. Ángel García Vidal

(Texto extraído da sinopse da capa do libro)

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas