Acceso libre, Novidades bibiográficas, Propiedade intelectual

Obras huérfanas y derecho de autor

Obras orfasObras huérfanas y Derecho de autor (IDIUS-8714) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora doutora da USC Isabel Espín Alba publicada pola editorial Aranzadi. É a primeira monografía que analiza a transposición ao dereito español da Directiva 2012/28/UE, e contén valiosas suxestións para o desenvolvemento regulamentario da Lei 21/2014, así como para o debate sobre o futuro do dereito de autor. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección do IDIUS, adicada a Dereito de autor, patentes…

Pero, que son as obras orfas? Enténdese por «obras orfas» libros, artigos de diarios, periódicos, revistas e películas que están ainda protexidas por dereitos de autor, pero que os seus titulares non poden ser localizados.

As obras orfas son parte das coleccións actualmente mantidas na Unión Europea por bibliotecas, museos, arquivos, institucións de cinematografía e de herdanza auditiva, e empresas de radiodifusión que sexan servizo público. A ausencia de datos sobre a súa titularidad constituiu con frecuencia un obstáculo á súa dixitalizacion e a polas dispoñibles en liña.

A monografía presenta un estudo sobre as obras orfas e o dereito de autor, aplicado fundamentalmente ao sector das bibliotecas dixitais.

A autora aborda o problema xurdido da imposibilidade de conseguir a autorización para a dixitalización e posta a disposición do público de obras cuxos titulares son descoñecidos ou identificados e non localizados. Dese xeito, o lector atopará, por unha banda, un estudo da Directiva 2012/28/UE sobre certos usos autorizados das obras orfas, e a súa transposición ao dereito español por medio da Lei 21/2014 que modificou a Lei de Propiedade Intelectual, acompañado de propostas para o seu desenvolvemento regulamentario; e por outra banda, reflexións para o debate sobre o futuro do dereito de autor, xa que a regulación das obras orfas toca de cheo os seus alicerces.

Resulta de interese para un amplo elenco de profesionais implicados en proxectos de dixitalización masiva, como os bibliotecarios, arquiveiros, museólogos, documentalistas, editores, autores, entidades de xestión, administracións públicas, entre outros; e, por suposto, para os xuristas interesados na propiedade intelectual.

(Texto extraido da sinopse da editorial)

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas