Biblioteca Concepción Arenal, Ciencia política, Dereito constitucional

El Federalista, de Alexander Hamilton, James Madison, John Jay

federalistaNada facía presaxiar que os artigos publicados en The Independent Journal e The New York Packet entre outubro de 1787 e agosto de 1788, baixo o seudónimo de Publius, chegaran a constituir, co transcurso do tempo, un  dos clásicos maiores da historia do pensamento político. Desde a súa publicación ata os nosos días, foi considerada unha obra de referencia fundamental do constitucionalismo estadounidense, e actualmente considérase un dos libros máis significativos da cultura política dos Estados Unidos.

El Federalista  (P5-426) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Publicada pola editorial Akal, na súa serie Clásicos del pensamiento político, tamén dirixida polo profesor da nosa Universidade. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal.

É de destacar o estudo preliminar de El Federalista feito polo catedrático de Ciencia Política da USC Ramón Máiz, que tamén se encargou da tradución e das notas, xunto con Daniel Blanch Nelson que foi profesor visitante na USC. O profesor Máiz é autor de numerosos artigos e monografías sobre federalismo e nacionalismo, así como traductor ao castelán da obra de Emmanuel Sieyès.

O texto de El federalista empregado nesta tradución é o da primeira edición publicada por McLean en Nova York en 1788, en dous volumes, baixo o título de The Federalist : a collection of essays, written in favour of the new Constitution, as agreed upon by the Federal Convention, September 17, 1787.

El Federalista é unha recompilación dos artigos periodísticos que defenderon a ratificación da Constitución federal para Estados Unidos escritos por tres das principais figuras na campaña a favor da mesma: Alexander Hamilton (1757-1804), James Madison (1751-1836) e John Jay (1745-1829) –baixo o pseudónimo de Publius. Neles non só se ofrece a análise máis serio do texto constituinte estadounidense, se non tamén a expresión filosófica máis amplamente respectada do seu pensamento político no momento fundacional dos Estados Unidos, constituíndose como a obra de teoría política máis distinguida e influinte que se ten escrito tras a Declaración de Independencia en 1776.

MAIZ

Finalmente, queremos agradecerlle ao profesor Máiz a súa dedicatoria que nos orgullece como profesionais da información. Moitas grazas profesor!

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas