Dereito civil, Novidades bibiográficas, Profesorado

Estudios de Derecho de Sucesiones

TeodoraEstudios de derecho de sucesiones, Liber Amicorum” Teodora F. Torres García. Directores Andrés Domínguez Luelmo, María Paz García Rubio ; coordinadora Margarita Herrero Oviedo. Las Rozas, Madrid : La Ley, 2014

É unha práctica habitual no ámbito universitario celebrar a xubilación dun profesor coa publicación dun libro no que participan discípulos, colegas e outros profesionais da rama cultivada pola persoa homenaxeada. Este é o caso do Liber Amicorum adicado á figura da catedrática de Dereito Civil Teodora F. Torres García, recentemente homenaxeada na Universidade de Valladolid nun acto académico presidido polo seu reitor, con motivo da súa xubilación.

A maioría dos traballos recollidos neste Liber Amicorum son ou ben dos seus discípulos directos, ou de compañeiros das Facultades de Dereito das Universidades de Valladolid, León e Santiago de Compostela, onde exerceu a súa profesión universitaria.

A vinculación da homenaxeada coa nosa universidade ben de vello. No BOE de 25 de maio de 1982 é nomeada Profesor Agregado de Derecho Civil de la Facultad de Derecho de la Universidad de Santiago de Compostela, sendo nomeada ao ano seguinte catedrática na Facultade de Dereito de León, formando xunto con Encarna Roca Trías e Carmen Gete-Alonso a terna das primeiras catedráticas de Dereito Civil na universidade española. No ámbito das publicacións especializadas, pertence, entre outras, ao Comité científico de Dereito, Revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela. A semente espallada do seu maxisterio deu froito nesta universidade coa súa discípula, e codirectora da obra, a catedrática M. Paz García Rubio, e a coordinadora da mesma, Margarita Herrero. Ou o agradecidos que estamos nesta biblioteca, que sempre procurou visitar nas frecuentes viaxes de traballo a Santiago.

En canto ao libro, as primeiras liñas da laudatio desta obra tratan de expresar a intención dos seus promotores ao render homenaxe a unha das civilistas máis respectadas do panorama xurídico español, Teodora F. Torres García, unha persoa que ao longo de catro décadas fixo do labor universitario un estilo de vida e un exemplo de traballo e dedicación. Máis de sesenta traballos doutros tantos autores compoñen este libro colectivo. Todos xiran en torno a distintos problemas relativos ao Dereito de Sucesións, o obxecto de estudo e dedicación máis reiterado no labor docente e investigador da homenaxeada, dende a presentación da súa tese El testamento ológrafo no ano 1976.

Teodora TorresA oportunidade desta temática evidénciase pola súa innegable actualidade, manifestada en normas autonómicas, estatais e europeas de recente factura, nunha rica produción xurisprudencial e en numerosas publicacións científicas que tratan de desentrañar a sempre complexa problemática sucesoria; todo isto, froito da necesidade de adaptar este sector tradicional do ordenamento xurídico ás novas realidades sociolóxicas e de política xurídica, o que obriga á súa revisión e a unha intensa tarefa de reflexión crítica.

Quen busque solución aos problemas máis candentes que plantexan as cuestións sucesorias, seguro que atopará algunha pauta cabal para encontrala nun ou en varios dos traballos aquí compilados, todos eles realizados por reputados autores que se xuntaron para render sentido tributo á profesora Torres García. A calidade das autorías, concordante coa dos respectivos contidos, poñen claramente de manifesto que estamos ante un libro destinado a ser un referente para a doutrina española en materia sucesoria.

Ver índice da obra en Dialnet

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s