Bases de datos, Facultade de Dereito, Historia do dereito, Noticias e novidades, Profesorado, Recursos web, Xuristas

Dicionario de catedráticos españois de Dereito

15578918Esta páxina electrónica ofrece os resultados dunha investigación en curso relativa aos titulares de cátedras xurídicas entre 1847, data do primeiro escalafón do corpo de catedráticos, e 1943, ano da lei de Ordenación Universitaria. Trátase dunha relación de 562 personaxes, moitos deles pouco ou nada coñecidos, que conforman a historia viva da universidade liberal.

Diccionario de catedráticos españoles de Derecho é froito da colaboración de varios investigadores activos nas universidades de Huelva, Sevilla, Carlos III de Madrid, Autónoma de Madrid, Complutense, A Coruña, Valencia, Pablo de Olavide, Cádiz e Autónoma de Barcelona.

Como salienta Carlos Petit, UHU, na presentación da páxina, o esforzo principal desenvolveuse sobre os expedientes que custodia o Archivo General de la Administración (Alcalá de Henares, Madrid), coa consulta dos distintos expedientes administrativos existentes: personal, título de catedrático, licenciado, doctor, depuración, etc. Ademáis, foron consultadas outras fontes, tanto inéditas como publicadas. Sucesivas postas a punto, ás que axudarán sen dúbida as suxestións dos usuarios, han completar a información que agora se ofrece.

Cabeza de leon

Salvador Cabeza de León

Os datos ofrecidos axudan a moitas cuestións de interese, dende a análise de problemas relevantes de historia universitaria á recuperación dunha biografía concreta, a actividade dunha facultade, o modelo de formación triunfante nas oposicións…

Como se resalta na páxina ao falar da metodoloxía empregada, é evidente que non todos os catedráticos tiveron a mesma importancia nin deixaron a mesma constancia documental. Algúns titulares de cátedra renunciaron, mesmo á praza conseguida en ‘reñidas oposiciones’, fuxindo do escalafón, como por exemplo o coñecido historiador da arte, tamén ministro e reitor de Madrid Elías Tormo y Monzó, vencedor ao parecer dunha praza de Dereito Natural en Santiago, que non figura loxicamente neste Dicionario. Noutros supostos, como o de Joaquín Rodríguez, catedrático de Dereito Mercantil en La Laguna, coa guerra civil e a depuración posterior impediuse a entrada no escalafón a catedráticos noveles que partiron ao exilio; se consta o nomeamento e a toma de posesión, os seus nomes se insertan no Dicionario, anque pode haber algunha omisión.

Cada entrada biográfica está asinada polo seu autor, que se responsabiliza do contido dentro do plan xeral adoptado cos seguintes apartados::

1. Identificación do personaxe, con referencia á súa filiación e estado.

2. Curso de estudos: do bacharelato ao doutoramento, con exacta datación dos graos obtidos e outros particulares (estancias no estranxeiro); o énfase faise no discurso ou tese de doutoramento.

3. Oposicións, tanto as fallidas como as logradas (asignatura, datas, compoñentes do tribunal cualificador), polo menos na medida en que o recolla o expediente persoal.

4. Cátedras desempeñadas así como servizos e comisións especiais.

5. Actividades públicas extra-universitarias.

6. Principais publicacións, en particular as relativas á profesión académica.

7. Fontes consultadas:

– AGA (Archivo General de la Administración, Alcalá de Henares, Madrid)
– AHN (Archivo Histórico Nacional, Madrid)
– ACP (Archivo de Clases Pasivas, Madrid)
Así como arquivos universitarios e de calquera outra índole, procedéndose, no seu caso, á actualización das fichas con novos datos e correccións.

Algúns dos catedráticos que figuran da Universidade de Santiago que se poden consultar:

Hai un correo de información e contacto por se se quere completar algún dato ou facer chegar algunha suxestión: diccionario.catedraticos@uc3m.es

Fonte:

Diccionario de catedráticos españoles de Derecho [en liña]. <http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/programas/phu/diccionariodecatedraticos> [Consulta: 22 maio 2015].

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s