Noticias e novidades, Novidades bibiográficas, Varios

Que factores inflúen na mobilidade internacional dos investigadores?

A OCDE ven de publicar o informe: Which factors influence the international mobility of research scientists? Este estudoi investiga os factores económicos, culturais e científicos, e os vínculos entre os países de orixe e de destino, que inflúen na mobilidade dos investigadores, utilizando unha nova medida de mobillidade científica internacional.

Neste inInforme_OCDE_mobilitatcientificsforme amósase que as medidas das distancias xeográficas, socioeconómicas e científicas correlaciónanse negativamente coa mobilidade científica entre dous países. Do mesmo xeito, a colaboración científica semella ser un factor primordial asociado á mobilidade dos científicos.

Por outra banda, a rede de mobilidade internacional de científicos tamén amosa unha serie de patróns interesantes que revelan afinidades entre diferentes economías baseadas en veos lingüísticos, históricos, políticos e culturais.

A investigación tamén  amosa que a mobilidade dos científicos baséase fundamentalmente nos fluxos de estudantes de nivel educativo terciario na dirección oposta, é dicir, desde o destino ao país de orixe. Isto proporciona unha forte conastatación de que a circulación de cerebros é un fenómeno complexo e multidireccional. O estudo tamén amosa que a mobilidade pode ser influenciada positivamente pola converxencia das condicións económicas e os recursos adicados á I+D+i, e doutra banda, pódese  ver reducida polas restricións relacionadas cos visados.

Información tomada do Blog do Observatori de la Recerca (OR-IEC)

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas