Biblioteca Concepción Arenal, Varios

A Biblioteca Concepción Arenal no ano 2014

BCA Datos 2014_Página_01
Na presentación “A Biblioteca Concepción Arenal no ano 2014” facemos un Resumo dos datos máis salientables do 2014: Materiais más prestados, aumento da colección, préstamo de ordenadores, servizos 2.0…

Orzamento

  • O orzamento ordinario para libros da biblioteca pasou dos 33.578 € en 2013 a 24.810 € en 2014 maténdose basicamente a capacidade de compra, grazas ao aumento significativo da aportación de centros, departamentos e proxectos para monografías, fundamentalmente da Facultade de Dereito, que pasou de 29.176 € en 2013 fronte a 42.333 € en 2014 (lembremos que foron 90.888 € en 2011).
  • Polo que respecta ao orzamento de revistas, a aportación da biblioteca seguiu reducíndose neste ano, pasando de 57.196 € en 2013 a 55.807 € en 2014. Tamén baixou a achega de decanatos, departamentos, institutos e distintos proxectos descendendo de 84.81 € en 2013 a 3.322 € en 2014, producíndose polo tanto una redución significativa (no 2011 foron 30.989 €).

Colección

A 31 de decembro de 2014, o total de volumes ascendeu a 171.521.

A evolución do presuposto no período 2011-2014 foi negativa, en torno aos 100.000 €, o que provocou a cancelación de moitos recursos bibliográficos. Debido á redución orzamentaria houbo que adquirir menos exemplares de manuais e bibliografía básica, e tamén continuou a redución da publicacións periódicas en curso, producíndose polo tanto una redución significativa.

Fronte a estes datos, a colección medrou grazas ao legado dos perto de 2.400 volumes do catedrático de Dereito Inbternacional, Eduardo Vilariño, fundamentalmente de Dereito Diplomático, mellorando enormemente a nosa colección nesta materia. Igualmente, rematouse neste ano coa incorporación do legado de dona Carolina Rovira. A súa biblioteca profesional, aceptouse non só polo valor intrínseco dos fondos, senón tamén polo seu valor como colección para os estudos de Filosofía do Dereito.

Proceso técnico

O que vimos de salientar no apartado anterior, reflíctese moi claramente no descenso de número de obras catalogadas e postas a disposición da comunidade universitaria pois, mentres no 2013 se procesaron 2.015 monografías recibidas por compra e intercambio, no ano 2014 foron tan só 1.566 as ingresadas por estes dous conceptos.

Sen embargo, o aumento nas doazóns foi espectacular, pasando das 1.957 monografías de 2013, ás 3.032 no ano 2014. Isto fixo que chegáramos os 4.831 títulos procesados.

Servizos

  • Lectura en sala

A biblioteca é o centro da BUSC co horario máis amplo, xunto coa Intercentros do campus de Lugo, pois abre 353 días ao ano, tendo unha media de 96 horas de apertura semanal

  • Préstamo

O ano 2013 foi o de maior préstamo na historia da nosa Biblioteca (49.380 préstamos). A pesares do menor número de libros adquiridos (430 menos), no ano 2014 rexistráronse 48.929 préstamos, e seguimos sendo o segundo centro da BUSC en número de préstamos.

Estamos moi satisfeitos do uso que se fai da colección bibliográfica e das instalacións da Biblioteca. Por exemplo, houbo 4.203 préstamos de ordenadores portátiles e 1.205 préstamos de películas.

  • Formación

Ao longo do ano a Biblioteca continuouse co calendario de formacións para alumnado de primeiro curso de Grao. Contamos coa colaboración dos Decanatos das tres titulacións así como dos profesores responsables de Grao que nos ceden as súas horas de clase para impartir estas formacións e motivan ao alumnado para que asistan.

Este ano os cursos impartidos foron 13, aos que asistiron un total de 510 persoas. A Biblioteca participou igualmente, como cada ano, na Xornada de acollida que os Decanatos organizan para o novo alumnado na que, a través dunha amena presentación, puideron coñecer as nosas instalacións, colecións e servizos.

  • Redes sociais

En 2013 ofrecimos os primeiros datos das diferentes ferramentas implementadas: blog Fonte Limpa, Facebook, Issuu, Flickr,  Pinterest… e a presenza da Biblioteca nas redes sociais e plataformas 2.0 en 2014 seguiu consolidándose

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas