Bases de datos, Dereito administrativo, Lexislación, Noticias e novidades, Xurisprudencia

Nova páxina personalizada de La Ley Wolters Kluwer

image002A editorial La Ley-Wolters Kluwer ven de mudar a páxina personalizada da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, que da acceso ao contido da Base de Datos (LaLeyDigital360, LaLeyDigital360 Doctrina e El Consultor de Contratación Administrativa), Publicacións (Portal de Revistas completo), darse de alta na Newletter, consellos de uso da base de datos ou a matrícula en cursos de formación online.

A páxina presenta un deseño novo con mellor sistematización de contidos, e máis funcionalidades e utilidades. Por exemplo, a home personalizada para acceso a todos os contidos contratados é compatible con dispositivos móbiles (Tablet ou Smartphone).

A principal novidade en canto a contidos encóntrase no apartado Publicacións, onde dispomos do acceso ás revistas contratadas. Algunhas presentan dobre versión (web e Smarteca), pero só aquelas que así o requiren. Ademáis do acceso a Smarteca desde Publicacións, contan cun acceso directo na barra de menú (anque o comportamiento habitual será entrar directamente desde a Revista en cuestión).

A Smarteca conta cun sistema de Xestión Automática de Licencias por Formulario de Rexistro. Este Formulario móstrase desde o apartado de Publicacións unicamente a primeira vez que se accede a algunha das Revistas neste formato Smarteca.

En LaLeyDigital360, ademáis de seguir tendo acceso aos produtos que tiñamos contratados (Lexislación, Xurisprudencia, Dirección General de Tributos, Formularios, Dirección General de Registros y Notariado, Códigos La Ley, Convenios…), incorporáronse unha serie de servizos moi interesantes:

  • Diario LA LEY: Chega cada día coa información xurídica de actualidade, desde hai máis de vinte e cinco anos.
  • Biblioteca online BOSCH: Con Mmáis de 230 títulos, centos de esquemas procesais, 1.700 formularios e Doutrina, e permanentemente actualizado.
  • Guías Xurídicas: A obra de referencia no sector legal pensada para resolver calquera dúbida que se poida ter sobre un término ou tema concreto.
  • Formación: Acceso á plataforma CLASS Wolters Kluwer. Un portal de cursos audiovisuais online cos mellores expertos en cada área. Os cursos celébranse ao longo do ano e son totalmente GRATUITOS. Consulta do calendario e dos cursos dispoñibles.
  • Integra: A aplicación que une todas estas ferramentas de traballo poñéndoas ao noso alcance en WordOutlook.
  • Calculadoras Legais: As calculadoras máis usables do mercado, coa garantía destar sempre actualizadas.
  • Contratación Administrativa: Unha das bases de datos especializadas de WKE. Obras de autor, que parten duns comentarios á Lei e amplían ese contido cunha coidada e rigorosa selección de xurisprudencia, normativa, doutrina e formularios totalmente interrelacionados entre sí.

Seguimos coa subscrición de tan só 4 licenzas concurrentes, polo que é moi importante que ao rematar a consulta se prema en SAIR na parte superior dereita da pantalla.

Fonte: Guía rápida de LaLeyDigital360

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas