Acceso aberto, Bases de datos, Recursos web

O portal de revistas científicas REDIB

O portal de revistas científicas do CSIC e-Revistas pasa a chamarse REDIB (Red Iberomericana de Innovación y Conocimiento Científico). Incorpora máis de 1400 títulos de revistas, con máis de 341.000 documentos.

logoREDIB é unha plataforma de agregación de contidos científicos e académicos en formato electrónico producidos no ámbito iberoamericano. REDIB conta cunha clara vocación de promoción da innovación tecnolóxica das ferramentas de produción editorial, que facilitan o acceso, a difusión e a posta en valor da produción científica xenerada nos países do seu ámbito de actuación, especialmente nos diversos idiomas que lles son propios. Os destinatarios desta información son tanto a comunidade académica como a sociedade en xeral, así como os responsables, xestores e analistas de políticas científicas.

O portal dispón dun Buscador de revistas, no que se pode plantexar unha busca simple ou avanzada. Ademáis dunha listaxe alfabética dos títulos de revistas, pode facerse unha busca temática, clasificada en grandes grupos (Ciencias, Ciencias aplicadas, Ciencias sociais, Arte e Humanidades), ou por países.

Igualmente, tamén se pode facer unha busca de documentos, Buscador, co mesmo esquema que para a busca de revistas, e cunha busca avanzada na que se pode limitar por língua, materia, tipo de recurso (revista ou artigo de revista), ou por un rango de anos de publicación.

O que se pretende é que a través dun único portal, REDIB ofreza aos seus usuarios acceso directo a documentos científicos e académicos de calidade contrastada, publicados por editores e outros produtores de contidos científicos e académicos de países iberoamericanos ou de temática iberoamericana, nun sentido tanto xeográfico como cultural.

REDIB quere destacar por unha filosofía de traballo cooperativa: acceso a contidos no seu lugar orixinal de produción, colaboración voluntaria dos editores e transparencia no proceso de comunicación entre o usuario e o produtor da información.

Fonte: https://www.redib.org/  [consulta 24/09/2015]

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas