Biblioteca Concepción Arenal, Literatura, Noticias e novidades

Club de lectura @ nas marxes

LogoXa temos Club de lectura @ nas marxes na Biblioteca Concepción Arenal, polo que te animamos a participar nel!!

Este proxecto nace do desexo da Biblioteca de  fomentar a lectura no entorno universitario; un entorno de estudo, traballo e investigación, onde non parece quedarnos moito tempo para a reflexión, o diálogo e o debate.

Un Club de Lectura está conformado por persoas que len o mesmo libro ao mesmo tempo. Cada un faino na súa casa, no bus, ou onde pode, cando atopa un intre. O último venres de cada mes, en sesións de dúas horas, reunirémonos para comentar o libro lido cada mes. Ao final faise unha introdución sobre a próxima obra: o autor, a súa creación, o seu contexto histórico-social. Cando se pode, realízase algunha actividade complementaria como a proxección dunha película cinematográfica baseada na obra elixida. Ata, pódese producir o encontro amistoso co autor…

Pretende ser un foro no que pode participar calquera que o desexe pertencente á comunidade universitaria. A primeira lectura está programada para o 28 de xaneiro de 2016 pois, en principio, a data para comentar a obra estaba fixada para o venres 29 de xaneiro, pero como é San Tomé de Aquino, adiantámolo ao xoves 28.

1. Que é o noso club de lectura?
O Club de lectura @ nas marxes é un foro creado pola Biblioteca Concepción Arenal no que pode participar calquera que o desexe pertencente á comunidade universitaria. Somos un grupo de persoas interesadas en ler, compartir e debater o pensamento escrito. Reunímonos os derradeiros venres do mes na Biblioteca Concepción Arenal cunhas sesións de arredor hora e media e onde o fundamental é o libro e quen o le.

2. Como se polectura2de participar?
Para entrar como membro, só tes que apuntarte na Biblioteca Concepción Arenal durante o mes de decembro, empezaremos o último venres de xaneiro. Pero antes porémonos en contacto contigo.
As prazas están limitadas a un máximo de 12 persoas.

3. Obxectivos
Tendo en conta a sofisticación e complexidade do que está a acontecer no mundo, , quere ser un proxecto de club de lectura, faladoiro e comunicación que intenta achegar contidos orientados ao debate útil cun fin de transformación individual e colectiva mediante a lectura colectiva e próxima.
O Club acadará os seus fins se é quen de introducir liñas de discusión e diálogo nos seus participantes.

4. A quen vai dirixido?
O Club está orientado á comunidade universitaria, e aberto a toda a xente lectora interesada en coñecer o contado.

5. Contidos
As lecturas que entrarán no noso catálogo serán sempre textos críticos, entendidas como lecturas de emerxencia e urxencia, que de seguro darán pé ao debate, diálogo e reflexión. Levarannos a entender tanto as mutacións que están a acontecer como os seus posibles impactos.
Os textos que se ofertarán serán breves, dispoñibles no fondo editorial e non moi custosos para que a biblioteca os poida mercar no actual contexto de crise.
As sesións poderán ir acompañadas de actividades complementarias que poidan xerar sinerxías no club; estas serán sempre desexables e realizaranse dependendo das posibilidades que se nos presenten, poderiamos incluír no noso desexo:
• Convidar a especialistas relacionados co tema.
• Ver unha película ou documental que complemente ou engrandeza a nosa lectura.
• Realizar un pequeno taller de redacción de textos colectivos que nos leve á creación de libros mutantes ou fanzines que pasarían á nosa colección como unha performance da interpretación-creación.
• Visitar unha exposición, espazo, concerto, … etc.
• Un xantar.
• (…)

6. Recursos
• A dispoñibilidade dos textos (a biblioteca pon a disposición dos lectores os textos con antelación, estes textos poderán ser reutilizados por outros clubs doutros centros da Biblioteca Universitaria).
• Unha sala amigable e cómoda.
• Un proxector.
• Material de papelaría.

7. Difusión e promociónSala de descanso
• Web (Biblioteca e Xornal electrónico da USC).
• Facultades.
• Radio (Espazo cultural da Radio Galega, Santiago) e prensa local.
• Librarías.

8. Coordinación
Lourdes Pérez González (Tfno.: 8818 15214, polas tardes)
mlourdes.perez@usc.es
(Se o club chega a ter un alto nivel de autonomía, a coordinación poderíase pasar aos propios integrantes para chegar a un grao de xestión aberta maior).

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

2 thoughts on “Club de lectura @ nas marxes

  1. Parabens por tan estupenda idea e por tan atractivo proxecto. Feliz Nadal

    Mariví Pardo

    Posted by Marivi Pardo | 17 Decembro 2015, 14:02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s