Biblioteca Concepción Arenal, Literatura, Noticias e novidades

@ nas marxes. Un futuro sin porvenir

O 28 de xaneiro 2016, de 19-20:30 h., teremos a primeira xuntanza debate!! E para comezar, esta obra tan suxerente

oblomoffUn futuro sin porvenir

Por qué no hay que salvar la investigación científica 

Grupo Oblomoff

Tradución de Javier Rodríguez Hidalgo

 

A ciencia segue a manter un lugar privilexiado no imaxinario dos países occidentais. O derrubo de distintos símbolos relixiosos e laicos como Deus, a Revolución, e mesmo o Progreso, non acadou á fe na práctica científica. Ese é o motivo polo que, nos últimos anos, as queixas e as demandas de científicos e investigadores españois gozasen de tan boa acollida entre amplos sectores da esquerda e da opinión pública. Con todo, xamais se fala do porqué da necesidade da investigación científica, dos seus fins e os seus medios, ou do tipo de mundo que contribúen a forxar e perpetuar.

A ciencia, no noso tempo, non se entende se non é como ciencia aplicada ao sistema produtivo. Na súa condición subalterna, sometida á lóxica da ganancia, non pode máis que celebrar e alentar os progresos do Estado e da Técnica, e colaborar, así, co desenvolvemento dun modo de vida cuxa base é a submisión. Ao aceptar alegremente esta función (na crenza de estar a exercer un maxisterio científico sempre neutral e apartado da lóxica da sociedade), os científicos condenáronse a unha compartimentación cada vez máis minuciosa do seu traballo, á suxeición ao financiamento público e privado co único fin de extraer beneficios económicos ou vantaxes estratéxicas militares, e, en definitiva, a ignorar conscientemente para que e para quen están a facer ciencia. Aceptaron a chantaxe, gardando silencio sobre a degradación constante da propia actividade científica, e sendo cómplices en moitos casos do encubrimento da nocividad da produción industrial, facéndoa pasar por danos colaterais inevitables e, a final de contas, asumibles.

Nas páxinas deste libro o Grupo Oblomoff desenvolve unha crítica dirixida contra mitos modernos como o Progreso e a Técnica, cuestiona as nocións de investigación pública e «ciencia pura», e suxire que a ciencia moderna -en realidade «tecnociencia»- someteu o desexo de comprensión do mundo a unha vontade imperialista e hexemónica que reduce toda a realidade a simples mecanismos e números.

Outros recursos:

. Michael Hilzig, “Big Science”: https://www.youtube.com/watch?v=qfIo9oUHXcw

. Latour, Bruno. Ciencia en acción : cómo seguir a los científicos e ingenieros a través de la sociedad. — Barcelona : Labor, 1992

. Latour, Bruno. La Vida en el laboratorio : la construcción de los hechos científicos / Bruno Latour y Steve Woolgar. — Madrid : Alianza, D.L. 1995

. Nussbaum, Martha Craven, 1947- . Sin fines de lucro : por qué la democracia necesita de las humanidades. — Madrid : Katz, 2010

. The moment in time : Manhattan Project : https://www.youtube.com/watch?v=xwpgmEvlRpM

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas