Ciencia política, Dereito administrativo, Noticias e novidades, Socioloxía

Crisis, derechos sociales e igualdad

Crisis, derechos sociales e igualdad / editoras, Alba Nogueira López, Marta Lois González, Isabel Diz Otero ; Margarita León Borja … [et al.]. Valencia : Tirant lo Blanch, 2015, (A38.11-28) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía dirixida polas profesoras da USC Alba Nogueira López, Marta Lois González e Isabel Diz Otero, publicada pola editorial Tirant lo Blanch, na súa colección de Ciencia Política. Tédela no segundo andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada aos dereitos económicos e sociais.

Crisis, derechos sociales e igualdadO libro supón unha obra novidosa en España, a través da que se busca, por unha banda, chamar a atención e reflexionar sobre a vulneración que se está a producir nos principios reitores da política social que establece a propia Constitución de 1978 e, por outra, describir e analizar o impacto que está a ter a actual crise económica, e principalmente o modo de xestionala, no retroceso dos dereitos sociais e no progresivo desmantelamento do Estado de Benestar.

A crise dos dereitos sociais e os dereitos sociais no contexto de crise centran os traballos deste volume. O libro realiza unha análise rica en matices e de plena actualidade sobre a solidez dos avances sociais e os seus mecanismos de defensa (social, normativa, xudicial … ) e as ameazas que entrañan os procesos de cambio global neoliberal, os cambios constitucionais, a recentralización competencial ou a débil consolidación das estruturas de benestar en España.

Este conxunto de estudos xerais e sectoriales abordan desde unha perspectiva poliédrica – xurídica, sociolóxica e politolóxica- o retroceso dos dereitos sociais e o progresivo desmantelamento do Estado de Benestar dando forma a un profundo proceso de cambio social. Entre outros aspectos explórase a crise económica como un pretexto para a redefinición dos dereitos sociais e os servizos de benestar con vocación de irreversibilidade; o seu impacto en certas políticas e colectivos; a discusión sobre a existencia dun núcleo constitucionalmente intanxible destes dereitos que impediría certos recortes; e as fórmulas para a súa defensa xudicial, nun momento no que o activismo parece obrigado para ancorar as conquistas sociais.

Ver índice da obra en Dialnet

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas