Biblioteca Concepción Arenal

@nas marxes. ¡Escucha hombrecillo!


Logo
Continuamos co club de lectura! O venres 26 de febreiro de 2016, ás 19 h., teremos a segunda xuntanza debate!! Tés interese en participar no noso Club de Lectura @ nas marxes?

E propomos esta obra tan suxerente de Wilhelm Reich¡Escucha hombrecillo!

“Teórico das sociedades neuróticas, precursor dos movementos ecoloxistas e antinucleares e da psiquiatría biosocial”.

Eterno outsider atacou duramente á normalidade da sociedade burguesa.

!ESCUCHA, HOMBRECILLO! levantou fortes polémicas cando saíu do prelo en 1948. É un libro chave que, para Wilhelm Reich, constitúe unha resposta aos ataques pérfidos da sociedade neurótica e “emocionalmente pestilente”.

Para esta nova traMaquetación 1dución do texto de Reich remitímonos ao orixinal traducido do alemán ao inglés polo psiquiatra Theodore P. Wolfe, amigo seu. A publicación neoiorquina de !Listen, little man! acompañouse cos debuxos humorísticos do recoñecido ilustrador William Steig. Recuperamos moitas desas caricaturas orixinais enriquecendo as páxinas da presente edición.

As lectoras e lectores desta obra descubrirán un texto directo, politicamente incorrecto, vangardista tanto no fondo como na forma. Crítica mordaz ao home corrente, o pequeno home e a pequena muller, gris e egoísta, suplicando orde e autoridade.

A narración está construída mesturando reflexións con diálogos entre Reich e eses homiños e mulleres que todos levamos dentro, establecendo un discurso sobre a mediocridade e a “normalización” social destrutora da vida, a natureza e o diferente. Reich aposta polo retorno ao “animal humano” xeneroso, cooperativo, libre e gozoso.

As ideas orixinais de Wilhelm Reich cautivaron a Fromm, Marcuse, Adorno, Foucault, Hannah Arendt e Simone Weil. Inflúe abertamente nos “beatniks” e nas figuras relevantes da contracultura (Ginsberg, Kerouac, Burroughs, Mailer, Salinger, Goodman), é o precedente das comunas e dos  “hippies”, do ecoloxism o antinuclear, do neocristianismo libertario, das correntes radical-utópicas, do situacionismo…

En maio do 68, o movemento estudantil francés grafiteaba eslóganes reichianos. Na universidade de Frankfurt, en 1968, podía lerse unha gran pintada advertindo: “!Le a Reich e actúa en consecuencia!”.

Outros recursos :

. Étienne de la Boétie. Discurso sobre la servidumbre voluntaria. traducción de Pedro Lomba; presentación de Esteban Molina; epílogo de Claude Lefort. — Madrid: Trotta, 2008.

. Trumbo, Dalton. El tiempo del sapo: un estudio sobre la inquisición en América, por uno de los diez de Hollywood. — Barcelona : Artefakte, 2012

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s