Bases de datos, Recursos web, Varios

“The open Syllabus Project” : recurso sobre as obras citadas en máis de 1 millón de bibliografías académicas

O Open Syllabus Project é un recurso, en fase de proba, que nos amosa cales son as obras que se citan nas bibliografías académicas de máis dun millón de programas académicos de universidades dos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia e Nova Zelanda. De momento circunscríbese ao ámbito anglófono, pero con todo pode ser útil para profesores, investigadores e bibliotecarios á hora de seleccionar as suas bibliografías.

O Open Syllabus Explorer amósanos cales son as obras utilizadas nas bibliografías académicas e ofrécenos ránkings xerais e por disciplinas das obras citadas. Tamén se poden obter os datos desagregados por países e institucións.

No ránking xeral as cinco obras máis citadas serían:

Rank Count Score Text
1 3.934 100.0
The Elements of Style
Strunk, William, 1869-1946
2 3.573 99.9
Republic
Plato
3 3.189 99.7
The Communist Manifesto
Marx, Karl, 1818-1883
4 3.057 99.6
Biology
Campbell, Neil A., 1946
5 2.710 99.5
Frankenstein
Shelley, Mary Wollstonecraft, 1797-1851

Tamén podemos obter estes datos por disciplinas
Dereito

Rank Count Score Text
1 118 27.4
EU Law : Text, Cases, and Materials
Craig, P. P. (Paul P.)
2 110 29.3
International Law
Cassese, Antonio
3 109 25.5
Principles of Public International Law
Brownlie, Ian
4 87 18.0
Commercial Law
Goode, Royston Miles
5 84 32.1
Commentaries on the Laws of England
Blackstone, William, 1723-1780

Ciencia Política

Rank Count Score Text
1 318 97.2
The Clash of Civilizations
Huntington, Samuel P.
2 255 99.2
Leviathan
Hobbes, Thomas, 1588-1679
3 190 96.2
Democracy in America
Tocqueville, Alexis De, 1805-1859
4 181 96.6
The Politics
Aristotle
5 179 97.7
On Liberty
Mill, John Stuart, 1806-1873

Para cada obra, o Syllabus Explorer ofrécenos unha serie de métricas: a posición total, a posición na disciplina seleccionada, o número total de citas recibidas, o número de citas recibidas na disciplina seleccionada, e o “teaching score” que é un indicador da frecuencia coa que se ensina esa obra. Tamén se ofrece para cada obra un listado de obras que son co-citadas con ela nas bibliografías académicas.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

One thought on ““The open Syllabus Project” : recurso sobre as obras citadas en máis de 1 millón de bibliografías académicas

  1. Un recurso moi interesante. Grazas por traernos unha explicación tan boa e pormenorizada.

    Posted by Fonseca | 25 Febreiro 2016, 12:46

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas