Bases de datos, Emigración, Noticias e novidades, Varios

CEMLA. Base de datos da emigración en Arxentina

CORUÑA PORTO

O CEMLA (Centro de Estudos Migratorios Latinoamericanos) puxo en liña unha proba piloto que permite consultar a súa base de datos, na que se pode buscar persoas emigradas na Arxentina chegados entre 1882 e mediados dos anos 70 do século XX. Ata o momento a procura na base soamente brindaba información sobre cantas persoas con determinado apelido arribaron a Arxentina.

Nesta nova fase pódese acceder aos datos completos, pois ofrece, ademáis do nome e apelidos, detalles da arribada de milleiros de persoas, como a idade, lugar de procedencia ou nome do barco no que se fixo a viaxe.

A Base de Datos do CEMLA contén datos da chegada ao porto de Buenos Aires (vía ultramar) de pasaxeiros e inmigrantes arribados nos períodos:

  • 1882-1932,
  • 1938-1945,
  • 1947, 1948, 1949 (parcial)
  • 1950 ata mediados de 1970

Hai poucos datos de 1933-1937 porque os libros correspondentes resultan actualmente inaccesibles.

Vía ultramar implica que se un barco tivo que amarrar no porto de Montevideo, por razóns climáticas, e desde alí os pasaxeiros dirixíronse ao porto de Buenos Aires (vía fluvial), nese caso non hai rexistros.

Información sobre os inmigrantes:

Os datos dispoñibles son: Apelido, nome, nacionalidade, estado civil, idade ao arribar, profesión, relixión, porto de embarque, nome do barco, data de chegada (e nalgúns casos os familiares que lle acompañan nesa viaxe). A información varía segundo o estado de conservación das listas, pois o estado de destrución dalgúns libros imposibilitou a súa recuperación.

O lugar de nacemento só se comeza a rexistrar parcialmente a partir de 1923. Excepto por algúns rexistros illados de 1910, non se dispón de información sobre a provincia ou comuna de nacemento dos inmigrantes chegados ata 1922. Isto é importante porque moitos investigadores agardan atopar nesta base de datos o lugar de nacemento do seu antepasado inmigrante.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas