Biblioteca Concepción Arenal, Varios

@nas marxes. El beso de Judas. Fotografía y verdad.

LogoContinuamos co Club de lectura! O venres 26 de marzo de 2016, ás 17 h., teremos a terceira xuntanza debate!! Tés interese en participar no noso Club de Lectura @ nas marxes?

Para esta terceira sesión tomamos uns pequenos anacos teóricos que nos permitan construír unha pequena andamiaxe na nosa mirada e visitar a exposición de José Suárez na Cidade da Cultura.

As obras escollidas, son as que son, aínda que nos gustaría poder incluír un feixe delas mais. Para comezar tomamos prestado o ensaio de Walter BenjaminPequeña historia de la fotografía” mestre de moitos, especialmente de Susan Sontag e John Berger, autores altamente recomendables, e  seguimos de cotío co traballo de culto do noso Carlos Maside En torno a la fotografía popular, texto sorprendente, tendo en conta as vicisitudes do propio autor e a situación de estado de posguerra da nosa Galicia; o sentir de Maside penso que vai ir madurando cada vez mais nas nosas miradas tendo en conta a desaparición dese mundo que el dignificou sen filtros e de puro sentir.

besodejudasPara rematar, ante a imposibilidade de ler outras obras, tomamos o mix que nos fai  o teórico e fotógrafo Joan Fontcuberta, de quen nos sentimos fans,  na súa obra El beso de Judas. fotografía y verdad, aquí a análise torna de coordenadas e achéganos ao contemporáneo e o simulacro da imaxe.

O mellor, en parte, vai ser a visita da exposición Jose Suárez : Uns ollos vivos que pensan, comisionada polos encantadores  Manuel Sendón Trillo e Xosé Luis Suárez. Home de vangarda nun país de miserias e que, como Paul Strand, comeza coas marxes na súa serie de “Mariñeiros” e segue con traballos de viaxes e culturas, non tanto por viaxar se non polo imperativo do exilio. Animámosvos á vista da mesma.

Obras escollidas :

  • Maside, Carlos, 1897-1958. “En torno a la fotografía popular”. — Artigo de: Quintana : revista de estudios do Departamento de Historia da Arte [da] Universidade de Santiago de Compostela. — N. 1 (2002) ; p. 326 – 335. Reprod. de: Maside, Carlos, 1897-1958. En torno a la fotografía popular. En: Pintura actual en Galicia. Vigo: Galaxia, 1951. P.  21- 26
  • Benjamin, Walter, 1892-1940. “Pequeña Historia de la fotografía”.  En: Sobre la fotografía / Walter Benjamin ; ed. y trad. de José Muñoz Millanes. — 3ª ed. — Valencia : Pre-Textos, 2007. P. 21-53

Obras recomendadas :

  • Sontag, Susan. Sobre la fotografía ; traducción de Carlos Gardini ; revisada por Aurelio Major. — Madrid : Alfaguara, D.L. 2005

Esta sesión non sería posible sen a colaboración e traballo de Xesús E. García Bermúdez e Xulia García Docobo. Moitas grazas!

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas