Dereitos humanos, Novidades bibiográficas, Profesorado

83 argumentos que convencen al Tribunal Europeo de Derechos Humanos

83 argumentos83 argumentos que convencen al Tribunal Europeo de Derechos Humanos : jurisprudencia que afecta a España é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora de Filosofía do Dereito da USC Sonia Esperanza Rodríguez Boente, publicada pola editorial Aranzadi, na súa colección de Estudios, e patrocinado polo Valedor do Pobo de Galicia. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada á Convención Europea de Dereitos Humanos.

O presente traballo propón analizar a xurisprudencia recente do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que ten como parte demandada ao Estado español. Con carácter previo danse algunhas pinceladas sobre o papel deste órgano xurisdicional, en xeral e, en particular con respecto a España, para logo entrar de cheo no estudo, fundamentalmente descritivo, pero non exento dalgún compoñente crítico, das sentenzas que puxeron en cuestión a acción (ou omisión) das autoridades públicas españolas, xa sexan órganos xurisdicionais, membros das forzas de seguridade, etc.

Para rematar, abórdase o tema do cumprimento ou execución das sentenzas nas que se considera que o Estado español vulnerou algún dereito recoñecido no Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais, incorporando as últimas novidades respecto diso.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas