Biblioteca Concepción Arenal

@ nas marxes. La sociedad del espectáculo

Logo-NAS-MARXES-01 (1)

Continuamos co Club de lectura! O venres 29 de abril de 2016, ás 17 h., teremos a cuarta xuntanza debate!! Tés interese en participar no noso Club de Lectura @ nas marxes?

Para esta sesión temos a obra de  Guy Debord (1930-1994)La sociedad del espectáculo, con prólogo, tradución e notas de José Luis Pardo. — 2ª ed., reimp. — Valencia : Pre-Textos, 2015.

Que a sociedade actual é a do espectáculo a día de hoxe é de todos sabido e sentido, pero que é o “espectáculo” nos termos de Debord?, esencialmente a dominación autocrática do capitalismo, sen réplica.

Propoñemos a lectura de Debord que pensamos que a modo dun código raster o autor vainos debuxando as distintas facianas do “espectáculo” e faino mediante 211 parágrafos, divididos en nove capítulos. Neles podemos atopar cuestións relativas ós medios de comunicación, ó poder, á cultura de masas, ó fetichismo da mercancía, ó urbanismo … etc.

A obra é parte ensaio, parte panfleto e parte labazada co intento de desenmascarar a miseria da vida cotiá da posguerra e faino dende as vangardas, o movemento letrista e o comunismo de consello e o situacionismo; situacionismo que xa estaba no aire como despois estaría o entendemento da biopolítica por parte de Foucault ou anteriormente como o fixera co espectáculo e a estética liberal Walter Benjamin.

La sociedad del espectáculo

“E posto que eu non podo ser un namorado que seducirá estes tempos ben falados, estou determinado a ser o malo e o agoireiro nestes días frívolos”

Quedamos cunhas pequenas presentacións do seu pensamento para que vos animedes a morder a obra:

“A medida que a necesidade resulta socialmente soñada, o soño faise necesario. O espectáculo é o pesadelo da sociedade moderna encadeada que, en última instancia, non expresa senón o seu desexo de durmir. O espectáculo é o gardián deste soño”.

“O espectáculo é o capital nun grao tal de acumulación que transformase en imaxe”.

“Aquilo que o espectáculo tomou da realidade, débelle ser retirado. Os expropiadores espectaculares deben ser á súa vez expropiados. O mundo xa está filmado, trátase agora de transformalo ”.

“A teoría crítica debe comunicarse na súa propia linguaxe. É a linguaxe da contradición, que debe ser dialéctico na súa forma como o é no seu contido. É crítica da totalidade e crítica histórica. Non é un “grao cero da escritura”, senón o seu investimento. Non é unha negación do estilo, senón un estilo da negación”.

Tamén agradecer ó profesor José Luis Pardo a súa introdución, que non ten desperdicio.

Obras recomendadas:

  • Baudrillard, Jean (1929-2007). Cultura y simulacro . — 5ª ed. — Barcelona : Kairós, 1998
  • La Société du spectacle (1975) Guy Debord. Con subtítulos en castelán.
  •  Urbanismo situacionista. [textos de Gilles Ivain, Attila Kotanyi, Raoul Vaneigem]. — Barcelona : Gustavo Gili, 2006.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s